Datos Paro

CCOO considera que os datos do mes de xuño indican que a tónica segue na mesma liña: precario e temporal

CCOO considera que, o feito de que o 91% dos contratos asinados en xuño fosen temporais, demostra a “tremenda debilidade estructural do mercado laboral provincial"

Óscar Gómez

Ourense | 02.07.2019 12:00 (Publicado 02.07.2019 11:57)

pedro barreiros
pedro barreiros | onda cero

Pedro Barreiros, secretario xeral de CCOO Ourense-Valdeorras, indica que a precariedade laboral na provincia segue sendo unha auténtica lacra, e afirma que a diminución do paro en 451 persoas debémola tomar a priori como positiva pero ao analizar en detalle esta creación de emprego na provincia observamos que segue a ser maioritariamente temporal, precaria e concentrada en actividades de baixo valor engadido, impulsada tan solo pola hostalería e polo comercio (onde se da o maior descenso con 269 persoas paradas menos e coa maior precariedade, chegando ao 92% de contratación temporal), indican que non podamos considerar positiva a realidade laboral provincial.

CCOO asevera que temos un modelo de relacións laborais moi marcado polas últimas reformas laborais, que se fixeron para baixar os salarios e dar máis poder ao empresariado á hora de poder cambiar as condicións de traballo. E isto está a xerar unhas consecuencias letais en España (e Ourense non é unha excepción), que somos o país de Europa con maior temporalidade, cunha taxa do 28%. As persoas traballadoras con contratos temporais cada vez rotan máis, de media cada traballador cun contrato temporal asina 5,5 contratos ao ano. A nosa economía provincial precisa como “auga de maio” inversións industriais que xeneren un alto valor engadido, é dicir, que xeneren riqueza, sinala Pedro Barreiros.

En opinión de CCOO, as inversións industriais traerían consigo un emprego mais estable, o que axudaría en gran medida a parar a sangría poboacional que sufre a nosa provincia. Pero mentras sigamos amosando esta falta de capacidade para atraer este tipo de inversións, que vemos como se van derivando cara outras partes da nosa contorna ou cara a Portugal, a nosa economía seguirá a consolidar as súas sinais de identidade: traballo temporal, a tempo parcial, precario e con baixos salarios e en actividades de pouco valor engadido, co que os problemas que afectan á nosa provincia (emigración, perda de poboación, precariedade e pobreza laboral, mais pensionistas que traballadores, pensións baixas, etc.) non farán mais ca agraverse. Si a esto engadimos que nin siquera se explota ou xestiona axeitadamente un sector que podería ser un certo motor que empuxara a economía provincial, como é o sector turístico, nos leva á conclusión de que o futuro económico da provincia non se presenta nada alentador.

Dende CCOO seguimos facendo un chamamento ás distintas administracións públicas implicadas, organizacións empresariais e sociais para un gran pacto político-social pola industrialización de Ourense como canle para darlle futuro á nosa provincia.