Datos Paro

CCOO considera que os datos da EPA demostran que o emprego é mínimo, precario, temporal a tempo parcial e con baixos salarios

CCOO non pode valorar como positivos uns datos que arroxan moitas sombras sobre o mercado laboral ourensán

Óscar Gómez

Ourense | 28.01.2020 11:42

pedro barreiros
pedro barreiros | onda cero

A Enquisa de Poboación Activa do carto trimestre do 2019 amosa unha mínima subida tanto na taxa de actividade como na taxa de ocupación e unha mínima baixada do 0.2% na taxa de desemprego, pero dende CCOO xa vimos advertindo dende hai moito tempo que o pírrico emprego creado na provincia é precario, temporal e a tempo parcial, todo elo instalado ademáis nos baixos salarios. Segundo Pedro Barreiros, secretario xeral de CCOO de Ourense, non podemos avaliar como positivos os datos da EPA publicados hoxe, xa que arroxan moitas sombras sobre o mercado laboral ourensán, consolidando un crecemento feble do emprego a pesares do aumento da actividade económica, engadindo a esto que o pouco emprego que se crea segue a ser de moi baixa calidade, coa maioría dos contratos temporais, a tempo parcial e baixos salarios. Non nos fartaremos de advertir que o crecemento do emprego baseado na precariedade é insostible, provocando a fuga da mocidade en busca de oportunidades para desenvolver un proxecto de vida digno e agravando os problemas de perda de poboación que acucian á nosa provincia. Si xa de por sí é discutible o abuso que se fixo da contratación temporal durante os anos mais duros da crise, CCOO consideramos que co cambio de tendencia económica hai que tomar medidas para limitar a utilización desta modalidade de contratación, si non queremos que se torne en “crónica” a precariedade do emprego no noso mercado laboral, xa que esto conduce a unha vida precaria e menoscaba a dignidade das persoas, aumenta as desigualdades sociais e consolida a “pobreza laboral”: traballar e ser pobre. Ourense caracterízase a maiores por ser a provincia cos ingresos mais baixos, tanto en salarios, coma en pensións, das que dependen moitas familias. Nun de cada tres fogares só entra diñeiro de subsidios, por eso celebramos a subida do SMI pactada entre as organizacións sindicais e as organizacións empresariais, pero consideramos que non é suficiente. En opinión de Pedro Barreiros, é necesario a captación de inversións industriais para a nosa provincia (tal e como ocurre no norte de Portugal e en provincia limítrofes) que garantan empregos estables, de maior calidade e con salarios dignos, que axudarían, por unha banda a fixar poboación, especialmente a mais xoven, co que, dalgún xeito se pararía a sangría poboacional, e axudaría a revitalizar a economía provincial