Vive a túa propia historia con Gadasa

Carreira pedestre do Nadal en San Cibrao das Viñas

Será este domingo 15 de decembro a partir das 10:30 horas

ondacero.es

Ourense | (Publicado 13.12.2019 14:00 )

Carreira pedestre do Nadal en San Cibrao | Onda Cero Ourense

San Cibrao das Viñas acolle este domingo a oitava edición da súa tradicional carreira popular do Nadal. Ás 10:30 horas comezará a proba dos corredores escolares que percorrerán 2,5 kilómetros. Unha hora máis tarde será a quenda dos adultos, que completarán un circuito de 10 kilómetros. E xa ás 13 horas serán os pitufos os que disputarán a súa proba de breve distancia.

Tanto a saída como meta estarán situadas nas instalacións das piscinas municipais de Ponte Noalla.

Con 650 inscritos ata o momento, 500 deles na carreira para adultos completando as inscripcións dispoñibles, a recollida de dorsais e chips efectuarase na secretaría da competición o día da proba ata media hora antes da saída de cada carreira.

Así mesmo, aproveitamos a ocasión de falar co alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, para que nos adiantara algún detalle da inminente visita de Papá Noel ao seu concello, que estará o sábado 21 de decembro a partir das 17 horas no polideportivo municipal para recibir a todos os nenos da zona. Rematará esta máxica tarde cunha chocolatada.

Vive a túa propia historia | Gadasa