O PP califica as Festas de Ourense como “as da desvergoña, o derroche e o insulto ás tradicións”

Os populares critican o pregón, a falta de actividades e a supresión da Batalla de Flores.

ondacero.es

Ourense | 01.07.2014 09:08

Festas de ourense
Festas de ourense | Onda Cero

O Grupo Municipal do Partido Popular  asegura verse incapaz de valorar positivamente as Festas de Ourense porque “só basta falar cos veciños para constatar que os festexos maiores da cidade pasaron sin pena nin gloria. Se non chega a existir o Mercado Medieval, ninguén se decataría de que Ourense estaba na súa semana grande, xa que o ambiente festivo foi nulo”.

Se o ambiente festivo brillou pola súa ausencia é algo inconcebible, segundo din os populares, a xuzgar polo custe das Festas: 310.250€, ao que se lle suma os 108.900€ que custou o Derrame Rock. “Foron máis de 400.000 euros que non se viron nin percibiron nas rúas, preto de medio millón de euros de tódolos ourensáns que non conseguiron imprimir ambiente festivo polas rúas da cidade”.

Reiteran os populares que “o que empezou mal, coa elección política da pregoeira, continuou mal coa falta de actividades e rematou fatal coa aniquilación dunha das tradicións máis arraigadas: a da Batalla de Flores”.

Ademáis, destacan que moitos veciños lamentaron que non se repetaron os horarios de actividades previstas -o pasado 22, un concerto previsto da Banda Municipal finalmente non se celebrou no Parque das Mercedes-, ou que algunhas actividades para nenos coincidían á mesma hora, obrigando aos rapaces a deixar de ir a unha para acudir a outra.