Vive a túa propía historia con Gadasa

O Barco celebra a XX Festa do Botelo

Será o vindeiro sábado 18 de xaneiro e o programa de actividades inclúe cinema, música e gastronomía que se extenden durante toda a semana previa

Óscar Gómez

Ourense | 10.01.2020 13:37 (Publicado 10.01.2020 12:55)

Vive a túa propia historia con Gadasa
Vive a túa propia historia con Gadasa | onda cero

A fin de semana do 11 e 12 de xaneiro bota a andar a ampla programación de actividades que se inclúen na XX Festa do Botelo do Barco de Valdeorras. Faráo co III BlogTrip do Botelo, unha iniciativa que busca a promoción e comunicación en redes sociais e medios de comunicación do botelo do Barco e o seu entorno turístico-cultural co fin de animar ao público a que o vindeiro 18 de xaneiro se acheguen ata o Barco a desfrutalo en primeira persoa. Nesta actividade participarán seis blogueiros e comunicadores galego que se desprazarán ao Barco para coñecer como se elabora e como sabe este produto. Nesta edición a promoción do botelo comeza na capital de España para despertar o gusto por este produto de cara a futura accións en Madrid.

O venres 17, o grupo Milladoiro porá a nota musical á noite previa á festa, ofrecendo un concerto no Teatro Lauro Olmo ás 21 horas. A entrada ten un prezo de 10 euros.

E xa o sábado 18 de xaneiro será o gran día. A XX Festa do Botelo abrirase como sempre co tradicional pregón, ás 12 no Teatro Lauro Olmo, que este ano corre a cargo do actor e monologuista Avelino González. De seguido, farase entrega da Mención de Honra, neste caso a Honorato López Isla, socio fundador de Bodegas Godeval.

A comida oficial da festa dará comezo ás 14:30 horas no pavillón municipal de deportes. Pero para acudir a ella é preciso mercar entrada, que estarán á venda dende o sábado 11 de xaneiro ás 9 horas no Teatro Lauro Olmo por 18 euros. O aforo é limitado a 1.150 persoas.

O mesmo sábado, para completar a festividade O Barco será escenario do programa da TVG “Aquí Galicia”, dende as 16 horas no campo da festa (Paseo do Malecón).

E, para rematar, dende as 19 horas os bares da vila acollerán os cantos de taberna que pechan este día tan sinalado na capital de Valdeorras.

Vive a túa propia historia
Vive a túa propia historia | Gadasa