Repasamos a situación sanitaria da zona e as consecuencias da mesma no turismo e na hostalería. Conversamos coa xerente do Consorcio Alexandra Seara e coa delegada da Apehl para a zona sur, Beatriz Vila. Reinvéntanse en Sober para organizar unha alternativa á Feira do Viño de Amandi. Falamos delo co alcalde Luis Fernández Guitián. E con César Carnero, responsable de Patrimonio da Diócese de Lugo, repasamos como vai a restauración da Igrexa de San Vicente do Pino.