Monforte na Onda 26/06/2019
Hoxe adicamos o espazo "Facendo Empresa" a un hotel canino e felino que se abre no concello de A Pobra do Brollón, falamos coa promotora Shenia Monterde. Repasamos premios do Cumetapas con Beatriz Vila, da Asociación de Hostalería e con Marcel Shaal, integrante do xurado técnico. Conversamos co presidente da Coral de Chantada que xuntan na citada localidade este domingo unha trintena de corais de toda Galicia e co historiador Felipe Senén falamos da cristianización da Ribeira Sacra.