Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 23/01/2023

Programa completo do 23/01/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 23.01.2023 14:12

Abrimos programa conversando coa cantante Lucía Pérez que presenta a primeira canción do novo disco que está preparando. O mal tempo das últimas semanas precipitou o derrubamento da casa rectoral de San Vitorio, no concello de O Saviñao. Falamos delo e repasamos outras novas do citado concello conversando co alcalde, Carlos Armesto. Repasamos como vai ser a reforma do Pavillón Polideportivo da Pinguela que vén de presentar o alcalde de Monforte, José Tomé Roca. Con José María Vega, responsable do NEKA, facemos balance do Campionato Galego de Taekwondo celebrado en Monforte este sábado, e entre outros asuntos, repasamos outros resultados deportivos da fin de semana e outras novas da actualidade máis próxima.