Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 20/01/2022

Programa completo do 20/01/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 20.01.2022 14:17

Abrimos programa conversando con Bea Vázquez, a directora da A.C. Xograres de Lemos que nos presenta o novo disco que veñen de gravar co grupo de acordeóns. Repasa novidades que recolle a nova reforma laboral o avogado Javier Leiro. E repasamos actos celebrados en Fitur con actividade promocional da zona. Conversamos coa tenente alcalde do concello de Monforte, Gloria Prada, que presentou o legado sefardí deste concello e outras potencialidades turísticas que ten o mesmo. A APHEL presentou un novo volume da guía "E para comer Lugo" e dela falamos con Cheché Real, presidente da citada Asociación. Tamén se promociona en Fitur o Xeoparque Montañas do Courel e cóntanos de que xeito Roberto Castro, presidente da Asociación promotora. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, falamos tamén da incidencia da Covid, e recollemos denuncia do PP de Monforte sobre a falta de investimentos no saneamento monfortino.