Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 04/01/2023

Programa completo do 04/01/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 04.01.2023 14:16

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" e coa directora xeral de Emprendemento Margarita Ardao facemos balance da actividade realizada no Polo de Emprendemento no mes que leva aberto en Monforte. Co escritor Xabier Quiroga falamos da última novela publicada e do acto no que hoxe vai participar na Libraría Agrasar. Repasamos intervencións que a Deputación de Lugo vai financiar no Xeoparque Montañas do Courel, conversando con Roberto Castro, presidente da Asociación. O BNG convoca para o luns unha concentración diante o Centro de Saúde de Monforte, repasa os motivos Rosana Prieto, responsable comarcal do BNG. E os senadores populares da provincia presentan iniciativas coas que reclamarán ao goberno central o arranxo da N120. Escoitamos á voceira do PP de Monforte, Kati Varela e a senadora Rosa Arza. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.