Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 03/10/2022

Programa completo do 03/10/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 03.10.2022 14:22

Abrimos programa conversando con Manuel Eiriz que recibirá este mércores a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia en recoñecemento ó traballo feito no ámbito do deporte escolar. Recupera actividade a Asociación de Amigos da Pandeireta e hoxe falamos coa presidenta, Geni Barbagelata e Lois Prado, profesor de baile tradicional. Todo un éxito a I Carreira Contra o Cancro organizada este domingo en Monforte, facemos balance con Mari Luz Abella, presidenta da Asociación promotora. Tempo tamén para repasar outros asuntos da actualidade máis próxima como o peche da Gardería San Vicente de Paúl, denuncia dos veciños de Pacios de Veiga por problemas de telefonía, visita do Conselleiro de Cultura ás escavacións de Proendos, repasamos resultados deportivos da fin de semana e novas medallas para o taekwondo que repasamos con José María Vega, adestrador do Neka.