Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 25/01/2021

Programa completo 25/01/2021

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 25.01.2021 14:18

Abrimos programa repasando a incidencia da Covid na zona. Preocupa a situación no IES Río Cabe, buscamos a última hora deste Instituto conversando co director Carlos Parada. Tamén é preocupante a situación en Quiroga, falamos co alcalde Julio Álvarez. Sober pasou de non ter casos a 11 que suman hoxe. Falamos co alcalde Luis Fernández Guitián. A situación sanitaria que tamén preocupa en Monforte fai que hoxe o pleno sexa vía telemática. Repasamos iniciativas que presenta o grupo municipal do PP coa voceira deste grupo Kati Varela. E a de Chantada é a primeira Feira do Viño deste 2021 que ten que ser suspendida, buscan novas fórmulas para este evento, falamos co concelleiro Manuel Diéguez. E do ámbito deportivo, destacamos o éxito da atleta monfortina Saleta Fernández, batíu o record galego de salto de altura que ela mesma posuía.