No programa de hoxe ademáis de repasar datos da pandemia que deixa un novo gromo Monforte con 36 positivos na Residencia DomusVi, falamos do inicio do curso escolar este xoves con María Núñez, directora do Ceip Monforte. Repasamos actualidade do concello de Pantón, conversando co alcalde José Luis Álvarez. Buscamos a última hora do incendio que hai no Alto da Moá, conversando con Miguel Sotuela, alcalde do concello de Ribas de Sil. A actualidade pasa tamén hoxe polo Saviñao. O presidente da Xunta inaugurou o novo centro de saúde de Escairón. Escoitámolo algo da súa intervención e falamos co rexedor local, Carlos Armesto. Recollemos tamén balance do alcalde de Monforte, José Tomé Roca, sobre o paso da volta ciclista por esta zona.