Abrimos programa conversando co arqueólogo Xurxo Ayán, repasamos resultados das escavacións realizadas nos Conventos e falamos da Semana da Memoria Histórica que teñen organizada entre o 19 e o 25 de abril. No concello de A Pobra do Brollón preocupa a situación sanitaria, é o concello da zona sur con máis casos activos, está en nivel alto e o alcalde non descarta peche perimetral. Pola contra vai mellorando O Saviñao e niste caso o que agarda o rexedor local e que se rebaixen as restricións existentes. Escoitamos no programa aos dous mandatarios. Con María Jesús González, falamos da celebración do Martes de Pascua, festa local en Monforte. Con Pedro Romeo, da Asociación A Volta Grande do Courel, falamos das andainas que organizaron varios colectivos contrarios á instalación de Parques Eólicos nas montañas do oriente galego. E con Paula Vázquez de Agroma Sober, repasamos iniciativas que presentan relacionadas co incendio que afectou a Marcelle e Doade.