A muralla de Lugo se encherá de luz e música para conmemorar o XX aniversario da catalogación como Patrimonio da humanidade. A área de Cultura organiza tres concertos, con corais e coa Filharmónica de Lugo, e unha acción visual en distintos puntos da muralla en colaboración coa artista Luísa Álvarez.
As corais do Hospital, Solo Voces e Canter Delas darán un concerto desde o Auditorio Gustavo Freire o vindeiro luns ás 20:30. Baixo o nome 20 pezas para a muralla, as corais realizarán unha homenaxe á muralla, interpretando unha canción por cada ano da nova vida da mesma como patrimonio da humanidade.A área de Cultura contará tamén coa Banda Filharmónica de Lugo para esta data. O sábado 5, ás 18 e ás 20 horas, a Filharmónica dará dous pases dun mesmo concerto en homenaxe á Muralla.
Entre o 27 e o 30 de decembro, entre as 18:30 e as 22:30, as portas da Muralla ubicadas en Bispo Aguirre, San Pedro, Falsa, Miñá, Nova e Santiago acollerán a instalación lumínica A sombra da Muralla, deseñada pola artista Luísa Álvarez para conmemorar este aniversario