O Concello de Lugo moviliza 12 millóns de euros para atraer a novas empresas
O Concello creará un fondo público emprendedor para participar en sectores estratéxicos
O concello de Lugo mobiliza 12 millóns de euros para atraer a Lugo empresas que xeren un alto impacto social e medioambiental . Se creará un fondo público emprendedor para participar en sectores estratéxicos. É a maior contía que o Concello pon a disposición de pequenas e medianas iniciativas en toda a súa historia para impulsar e diversificar o tecido empresarial e produtivo de Lugo. A Estratexia Lugo Transforma, pioneira en Galicia no ámbito municipal, estará aberto á participación doutros investidores, tanto públicos como privados. A alcadesa de Lugo Lara Méndez di: “É o momento de ser realmente ambiciosos e potenciar e reorientar o tecido empresarial e produtivo de Lugo, apostando por radicar no municipio sectores vinculados ás señas de identidade e a marca que Lugo está a asentar dentro e fóra de Galicia: unha cidade que quere estar na vangarda da economía verde e circular, unha cidade amigable e acolledora, pero tamén moderna, innovadora e tecnolóxica”.
- Sectores estratéxicos
A Estratexia Lugo Transforma articularase a través da entrada temporal do Concello no capital de proxectos empresariais innovadores a través da modalidade de fondo de capital risco. Deberán ser proxectos de alto valor engadido, tanto de empresas pequenas ou medianas así como de nova creación, con potencial de crecemento e con alta capacitación naqueles sectores que xeren, preferentemente, impacto social e ambiental. “Falamos de enerxías limpas e sostibles, de bioeconomía circular, biotecnoloxía, farmacia, novas tecnoloxías, servizos avanzados á industria e I+D+i, entre outros, quedando excluídos os sectores inmobiliario e financeiro”, comentou a rexedora”. Di Lara Méndez