Reitor da Universidade da Coruña

Ricardo Cao: "Non estamos poñendo baixo sospeita a ninguén sobre o burato económico nas contas da Universidade da Coruña"

O novo equipo de goberno da Universidade da Coruña afrontou o primeiro claustro con un desfase de 3.2 millóns de euros nas contas, sin culpar ó equipo anterior, e froito dun panorama inflacionario que mermou os ingresos que reciben da Xunta.

Alberto Gómez Barros

A Coruña | 17.04.2024 15:05

Ricardo Cao, reitor da Universidade da Coruña

O novo Reitor, Ricardo Cao, e o seu equipo directivo afrontaron o seu primeiro claustro, coas contas da universidade e a redacción dos novos estatutos como principais puntos do día. En canto as contas, coñecimos nas últimas horas un desafse de 3.2 millóns de euros que impiden aprobar un presuposto novo e obriga a prorrogar o anterior. Ricardo Cao apuntaba que este burato económico non é responsabilidade dos anteriores mandatarios, con Xulio Abalde á fronte.

Durante o claustro falou o anterior Vicerector de Planificación económica, Domingo Calvo, para xustificar que no ano 2022 douse unha combinación fatal para a Universidade: a subida da inflación que, combinada con unhas taxas de matrícula conxeladas provocaron este desfase de máis de 3 millóns de euros, algo que corroborou o actual Vicerector responsable das finanzas da Universidade da Coruña, Ángel Fernández

Lembrou e reiterou Ángel Fernández que os 118 millóns de euros que aportou a Xunta de Galicia casi quedan consumidos polos 115 millóns que se gastan ya en salarios.