Presidente do Comité de Empresa de Nostián

Hadrián Canosa: "Vivimos con moita preocupación o futuro de Nostián, porque están en xogo os postos de traballo de 130 familias"

Hai preocupación, moita preocupación entre os traballadores de Nostián, aberta a opción de que o Consorcio das Mariñas poida deixar de ser cliente. Hoxe celébranse asambleas informativas tralas xuntanzas co Consorcio e co Concello da Coruña, que traballa nun plan de viabilidade que tamén contempla non recibi-lo lixo dos concellos do Consorcio.

Alberto Gómez Barros

Madrid | 16.04.2024 14:42

Hadrián Canosa con compañeiros do Comité de Empresa de Nostián.

Hai unha semana houbo cumio na sé do Consorcio das Mariñas en Bergondo. Representando ó concello da Coruña estiveron o primeiro tenente de alcaldesa, José Manuel Lage Tuñas, coa concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz. Pola outra, alcaldes, alcaldesas e algún concelleiro do Consorcio das Mariñas, con José Antonio Santiso Miramontes, o presidente, á fronte.

Daquela os concellos abriron a porta a deixar de enviar-los seus refugallos a Nostián e estudia-la opción de Sogama. Había acordo relativo ós custes por tonelada, pero dende o Consorcio esixían ter máis presencia nas decisións de Nostián, algo que dende o Concello da Coruña non se aceptou.

E polo medio, os algo máis de 130 traballadores da planta de tratamento, que seguen co contrario en precario ainda e que agora ven como poden perigar eses postos de traballo en caso de que o Consorcio decida prescindir de Nostián.

Falamos en Más de Uno con Hadrián Canosa, presidente do Comité de Empresa. O pasado venres tiveron xuntanza co Consorcio. Onte a xuntanza foi coa concelleira de Medio Ambiente da Coruña, Noemí Díaz, que lle recoñeceu ós traballadores que dende o concello coruñés traballan tamén con un plan de viabilidade para Nostián sin os refugallos do Consorcio das Mariñas. A preocupación aumentou. O vindeiro día 29 de abril haberá, de novo, xuntanza coa Noemí Díaz.

E hoxe celébranse asambleas informativas cos traballadores para dar conta de toda esta información, de todas estas xuntanzas. Dende o comité de empresa non se descartan movilizacións, porque están en xogo os postos de traballo de 130 familias, entre fixos, enventuais e empresas auxiliares.