Representante da CIG no Comité de Empresa de Alu IbéricaJulio Moskowich: "Aquí o problema é que en vez de vir un industrial vai vir un chatarrero"
Os traballadores de Alu Ibérica piden unha xuntanza de urxencia co Ministerio e a Consellería de Industria, despois de que o administrador concursal lles informara que se debe activa-lo expediente de regulación de emprego que supón o despido dos preto de trescentos empregados. Julio Moskowich, delegado da CIG no comité de empresa, confirmaba en Más de Uno Coruña que xa agardaban esta medida. Forma parte do proceso concursal no que se atopan dende hai semanas. As perdas que alega o administrador ascenden a setecentosmil euros mensuais. Ainda así, Moskowich cree que o Goberno Central e a Xunta ainda poden aportar solucións.
Ademáis, o comité insiste que a planta é viable e pide que de coñezan os inversores dos que fala o ministerio, ainda que teme que o interés destas empresas non sexan precisamente por garantizar nin a actividade ni o emprego na factoría da Grela.
Alberto Gómez Barros
A Coruña | 21.02.2022 14:38