Cooperación

Concello de Ourense e Avanza colaboran co Banco de Alimentos durante o Nadal

Un autobús urbano estará situado na Praza do Bispo Cesáreo os días 21 e 22 de decembro, de 11.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 18.00 h para que se acheguen todas as persoas que desexen colaborar na recollida de alimentos.

Óscar Gómez

Ourense | 15.12.2023 08:03

Concello de Ourense e Avanza colaboran co Banco de Alimentos durante o Nadal
Concello de Ourense e Avanza colaboran co Banco de Alimentos durante o Nadal | Ourense Dixital

O Concello de Ourense e Avanza, empresa concesionaria do servizo de transporte urbano, colaboran co Banco de Alimentos na recollida de comida durante o Nadal. Durante os días 21 e 22 de decembro de 11.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 18.00 h, todas as persoas que o desexen poderán visitar o autobús que estará situado na praza do Bispo Cesáreo para colaborar coa recollida de alimentos que se levará a cabo xunto ao Banco de Alimentos de Ourense. Desta forma, Avanza quere achegar o transporte urbano á cidadanía, en especial á cativada, que poderá subir, coñecer as normas de seguridade do servizo e preguntar todas as curiosidades ao inspector que se atopará no autobús.

Ademais, todas as persoas que visiten o bus e acheguen alimentos para a campaña, recibirán un pequeno agasallo de Nadal para agradecer a súa solidariedade.“Énchenos de felicidade colaborar un ano máis co Banco de Alimentos de Ourense, especialmente nestas datas tan sinaladas” declarou Jose María Díaz, xerente de Avanza en Ourense quen sinalou que “estar preto de asociacións locais e apoiar as súas iniciativas é parte do compromiso de Avanza na cidade”.

Sobre AVANZA

AVANZA está integrada en Mobility ADO, compañía multinacional de orixe mexicana, especializada en mobilidade global. A compañía abarca diferentes modalidades de transporte de viaxeiros como o autobús, o metro, o tranvía e a bicicleta, cubrindo todas as necesidades de mobilidades dos seus clientes. A isto, súmase a xestión de estacións de autobús e de áreas de servizo. Actualmente, é o primeiro operador privado de España de transporte urbano e metropolitano en autobús. Conta cunha frota superior a 2.400 buses, xestionada por un equipo de máis de 7.000 persoas empregadas. Avanza transporta máis de 300 millóns de persoas ao ano.

Avanza forma parte da UITP (Unión Internacional do Transporte Público), máximo organismo para a promoción do transporte público de viaxeiros e mobilidade sostible, con sede en Bruxelas.

En Ourense Avanza xestiona o transporte urbano da cidade cunha flota de máis de 45 autobuses e transporta anualmente máis de 6 millóns de viaxeiros.