Con Paco Sarria
09/05/2019 06:00
Ses "Rabia ao silencio"
Ses presentou hoxe en Ourense na Onda o disco co que está trunfando nos escenarios galegos: "Rabia ao silencio". A artista galega actúa este sábado no Auditorio Municipal da capital.
Con Paco Sarria
09/05/2019 06:00
Ses presentou hoxe en Ourense na Onda o disco co que está trunfando nos escenarios galegos: "Rabia ao silencio". A artista galega actúa este sábado no Auditorio Municipal da capital.
Os encontros do "Cántamo... en galego!"
01/04/2019 06:00
O IES Sánchez Cantón de Pontevedra foi o escenario dun novo encontro de "Cántamo... en galego" con María Xosé Silvár, Sés, como convidada para presentar o seu último disco: "Rabia ao silencio". Entre cancións e preguntas tamén apareceron as confesións, como as ofertas para entrar na política que tivo nos últimos anos, o difícil que é quererse a unha mesma estando sometida a xuízos contantes pola opinión pública, ou o que lle custa controlar a rabia para vivir loitando pero na alegría. Sés defende que o único que nos pode salvar agora mesmo é unha revolución cultural e o seu último disco ("Rabia ao silencio") é un alegato a favor da liberdade que chega coa intelixencia e a cultura. Volve escoitar neste podcast a entrevista con Susana Pedreira
Ses presentounos o seu últimos disco nun encontro con público
13/02/2017 06:00
Nunca tivo ansias de liderado pero o mellor premio como artista recoñece que é saber que axuda a sufrir menos a quen a escoita. María Xosé Silvar ten novo disco e aceptou a invitación de Onda Cero Pontevedra para visitar a cidade e protagonizar un novo encontro dentro do noso proxecto "Cántamo... en galego!". Desde o salón de actos da Escola Oficial de Idiomas cheo de público falamos con SES da música e da vida que, no seu caso, van sempre da man. Confesounos que os libros lle salvaron a vida cando era adolescente e que se sinte ridiculamente intensa para os tempos que corren. Non renuncia a deixar "semente de vencer" coa súa música e a súa actitude que, catro discos despois, segue a ser a dunha artista que decidiu ter como prioridade aprender a quererse a si mesma e non caer na tentación de "subirse ao carro". Antes do verán vai reeditar o seu primeiro disco, "Admirando a condición", e nós intentamos convencela para que venza o seu pudor e publique un libro de poemas. Aquí podes escoitar a entrevista íntegra.
Onda Cero Galicia
13/10/2015 13:05
En Gente Viajera de Galicia comezamos repasando a actualidade do sector turístico e entrevistando a galegos que co seu traballo levan o nome de Galicia polo mundo: esta semana convidamos á cantante SES, que nos últimos meses levou a súa música ata Alemaña. A nosa GUÍA 4x4 lévanos de ruta literaria por Nigrán, condúcenos ata Allariz para degustar a mellor carne de boi, durmimos sobre a ría de Muros e Noia no primeiro hotel rústico de Galicia, e na cidade de Lugo abrimos a nosa axenda de fin de semana para disfrutar da programación do San Froilán
Sés presentounos no local de música o seu novo disco Tronzar os valos
20/04/2015 15:21
Nunca soñou con ser cantante porque se define como unha “tía lúcida e normal” para quen vivir da música era como soñar con ser astronauta. Pero tres discos despois Maria Xose Silvar, Sés, enche teatros, produce a súa música e vive delo porque antes de TRONZAR OS VALOS fixo bolos polo que fóra e onde fora. Este venres, 24 de abril, presenta no Teatro Principal de Pontevedra o seu último disco, 12 temas con letras reivindicativas, pero tamén de amor, desamor, cargadas de vitalidade e mesturando moitos estilos, desde o rock, ata o blues, pasando por ritmos latinos, sen olvidar os aturuxos e as pandeiretas. Aquí podes escoitar a entrevista íntegra con SES para os micros de Onda Cero Pontevedra.