Temas

Radio en Galicia

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 10-06-2016 Especial Abanca Semana Verde de Silleda

Esta semana viaxamos ata Silleda para vivir desde dentro a Semana Verde de Galicia. Conversamos co director da Feira, Ricardo Durán e co alcalde da vila anfitriona, Manuel Cuiña. Ademais coñecemos algunhas das novidades gastronómicas que se presentan este ano e relaxámonos no hotel e spa Via Argentum

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 03-06-2016

Repasando a actualidade da semana comezamos unha nova viaxe que nos vai levar ata Nova York da man de Cristina Pato, a galega viaxeira convidada no tempo da entrevista. E coa nosa guía 4x4 emprendemos rumbo con destino Galicia visitando as microrreservas de orquídeas no Courel, comendo en Corrubedo no multiespazo Benboa e durmindo nun concello Reserva da Biosfera: Allariz, en pleno centro histórico e contemplando o río Arnoia desde as habitacións do Hotel Torre Lombarda. Como cada venres completamos a viaxe cunha axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana en Galicia

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 27-05-2016

Este venres a cidade de Pontevedra é o noso destino para coñecer a transformación urbana vivida na última década. A exposición "Teu Pontevedra" na Praza de Ourense vai ser a nosa guía para percorrer a Pontevedra actual que recibe premios por todo o mundo e convites para presentar o seu modelo urbano. Falamos co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o responsable de Mobilidade, Luis Bará. Ademais saimos á rúa para escoitar as opinións de veciños e visitantes e coñecemos a opinión do pedagogo italiano, Francesco Tonucci, promotor da "Cidade dos Nenos". E como cada venres completamos o plan de viaxe repasando a actualidade da semana e marcando unha axenda de ocio para desfrutar da fin de semana

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 13-05-2016

Este venres, véspera do festival de Eurovisión en Estocolmo, coñecemos a unha pontevedresa viaxeira, Julia Varela; que será xunto a Jose María Iñigo, os encargados da retransmisión do festival.Para durmir escollemos o concello de Outeiro de Rei, xa que foi onde naceu Manuel María, o escritor homenaxeado este ano polas Letras Galegas.Conmemoramos o día dos museos na cidade de Pontevedra onde o concelleiro Luis Bará nos prensenta todalas novidades do CITA e para comer imos ata A Estrada onde se celebra a Festa do Salmón. Rematamos con música de Love of Lesbian para concluir cunha axenda de ocio da fin de semana

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 06-05-2016

A viaxe desta semana lévanos ata Estambul da man dunha galega viaxeira, Patricia Alonso, e a súa cadela Leia, ambas percorreron en coche desde Ferrol os case 4.000 quilómetros ata a cidade turca e comparten con nós esa aventura. De volta a Galicia percorreremos catro das nosas cidades: en Vigo visitaremos os seus montes para inscribirnos nunha nova andaira, en Ourense comeremos de tapas nunha nova edición de #SaboresdeOurense, en Lugo durmiremos nun hotel histórico a pé da Praza Maior, e en Santiago abriremos a nosa AXENDA coa programación da Ascensión

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 29-04-2016

Este venres en Gente Viajera de Galicia imos ata GRECIA pero a viaxe fáisenos dura porque non imos de turismo, imos coñecer a realidade de LESBOS e IDOMENI con tres galegos viaxeiros solidarios que acaban de volver dos campos de refuxiados sirios. Ademais, emprendemos ruta con DESTINO GALICIA para facer Perriturismo, comer e beber (con moderación...) na Feira do Viño de Vilachá de Salvadur na Pobra do Brollón, e durmir nun cinco estrelas mirando ao mar na cidade da Coruña, no Hotel Finisterre. Marcaremos tamén unha axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana a ritmo de Dirty Dancing 

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 22-04-2016

A viaxe deste venres levaranos polas catro provincias galegas con parada en Melide para sumarnos á súa Foliada, en Friol para durmir nun hotel entre natureza neste día Mundial da Terra, en Arbo para degustar a lamprea estreando a distinción de "interese turístico nacional" para a súa festa gastronómica, e en Ourense para abrir a AXENDA da fin de semana. No tempo da entrevista convidamos a tres galegos viaxeiros grazas ao cine: Luís Tosar, Mario Casas e Farruco Castromán, que estrean nova película nas carteleiras e no Festival de Cine de Málaga: "Toro", rodada entre Galicia e Andalucía

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 08-04-2016

Este venres percorremos Galicia desde a costa ata o interior para visitar unha das localizacións da película de Almodovar que se acaba de estrear: ARES será o lugar escollido. Deixamos a costa da Coruña para comer no interior da provincia de Lugo buscando unha das mellores fabadas do mundo, a que se cociña no Bar Plaza de Monforte de Lemos. Para durmir subimos ata 2000 metros de altura e descansamos no primeiro Hotel Starlight de Galicia: A Aira da Petada no concello da Veiga, coa Pena Trevinca ante nós. E de viaxe fóra de Galicia ímonos co actor Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila, que acaban de volver de Edimburgo e estrean novo espectáculo, "Menú da Noite".

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 18-03-2016

Comezamos repasando a actualidade do sector turístico e conversando cunha galega viaxeira: a alpinista Chus Lago. Coa nosa guía 4x4 visitamos a cidade de Ourense para celebrar cun baño termal o Día Mundial da Auga (22 de marzo), comemos receitas con camelia na LII edición do concurso/exposición da camelia en Pontevedra, e durminos nunha aldea de tres casas convertidas en hotel en Camariñas. Ademais, como cada venres, marcamos axenda cultural e de ocio en Galicia