Temas

Radio en Galicia

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (09-12-2016)

Esta semana percorremos o mundo co gaiterio Xose Manuel Budiño guiados pola súa música remasterizada no disco "Paralaia" 20 anos despois. Repasamos a actualidade do sector co presidente do Cluster de Turismo de Galicia e coñecemos un novo proxecto para visitar a Ribeira Sacra: www.turisana.es con Ana Buján como guía. Ademais, comezamos xa a pensar nas celebracións do Nadal e nos agasallos diferentes visitando o Hotel Balneario Compostela

Onda Cero Galicia

Gente VIajera de Galicia (25-11-2016)

Percorremos Galicia esta semana degustando produtos ecolóxicos cultivados coa maxia do orballo galego e viaxamos ata Madrid para visitar un dos museos máis importantes do mundo: o Museo del Prado, que ata o mes de marzo acolle unha exposición centrada na obra e figura do MESTRE MATEO, o primeiro monográfico en el Prado dedicado a un artista galego. Polo mundo andaremos de viaxe guiados polo cardiólogo LORENZO MONSERRAT á fronte de "Health in code": investigación galega desde A Coruña para o mundo.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (04-11-2016)

O tempo de outono convida a percorrer Galicia seguindo as pegadas das castañas: Riós e Folgoso do Courel son os destinos que escollemos para comer e durmir este venres, despois de visitar Vimianzo para participar nunha muiñada tradicional. O galego viaxeiro que nos leva polo mundo é o debuxante Miguelanxo Prado que ademais organiza en Santiago o I Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada"

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (28-10-2016)

Percorremos Galicia buscando a actualidade do sector e coñecendo novos lugares para visitar, comer e durmir: de turismo industrial andaremos por Vigo, en Compostela paramos para comer na Tafona Casa de Xantar, e analizamos o perfil do turista que escolle Galicia para durmir no rural. De viaxe polo mundo andamos co emprendendor Anxo Pérez, natural de Fisterra e con novo libro que o leva de ruta por España e Latinoamérica buscando casos de éxito

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (30-09-2016)

A viaxe desta semana lévanos ata Toulouse e París da man do director Ignacio Vilar e o seu novo filme "Sicixia" rodado na Costa da Morte. Percorreremos territorio galego partindo de Compostela para coñecela en 3D, pasando por máis de 20 restaurantes que colaboran ata novembro coa ONG Acción contra el Hambre, e descansando no Hotel Bosque Mar do Grove en plena conta atrás para comezar a Festa do Marisco.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia

A accesibilidade dos museos en Galicia e a desestacionalización do turismo apostando pola oferta rural son dúas das cuestións que guían a nosa viaxe este venres. Na cociña fusionamos produto galego e xaponés conversando coa chef de A Estación (Cambre), Beatriz Sotelo. E no tempo da entrevista convidamos a ROSA CEDRÓN para viaxar polo mundo co seu novo disco "Nada que perder" como banda sonora

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 09-09-2016

Comezamos nova temporada viaxando por Galicia para coñecer o novo proxecto en Negreira do chef vasco Juan Mari Arzak e as rutas por Bueu que integran a programación paralela ao Festival Internacional de Curtametraxes FICBUEU. Repasamos a actualidade do sector cunha primeira parada en directo no Porriño e marcamos unha axenda de ocio para a fin de semana. De viaxe polo mundo lévanos unha galega viaxeira natural de Tui: Andrea González, pianista e investigadora

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 24-06-2016

Pechamos esta temporada visitando o Mosteiro de San Martiño Pinario en Compostela, comendo de tapas por Marín e chequeando como funcionaron as reservas hoteleiras de San Xoán a través de plataformas online como trivago. Ademais conversamos coa decana da Facultade de Turismo de Ourense para coñecer o nivel de inserción laboral dos estudantes universitarios neste sector. E, no tempo da entrevista coñecemos o proxecto educativo "Ponte a Europa" impulsado desde Pontevedra. Feliz verán 2016! Volvemos en setembro!

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia 17-06-2016

A viaxe deste venres lévanos por medio mundo gracias á Sandra Candal, convidada no tempo da entrevista e autora do blog elviajedemivida.es. Con Sandra falamos desde A Coruña, onde acaba de instalarse despois de catro meses viaxando por Asia e Latinoamérica. Repasamos a actualidade do sector, marcamos unha axenda de ocio e festiva e coa nosa guía 4x4 visitamos o Acuario do Grove, comemos no único restaurante con Estrela Michelín na provincia de Ourense, e durmimos a carón do Monte Pindo en Carnota