Temas

Grupos musicales

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 09/01/2023

Todos os luns facemos soar música en galego feita en Galicia. Hoxe escoitamos a Pata Alta e Javier Vicalo con "Aprende a facelo ti", Elefants Yard con "Novas Herbas", a Verto "Co puto mel nos beizos" e finalizamos con Fillas de Cassandra e o seu tema V. AS MOIRAS (ft Nadie González, Xiana Teixeiro).

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 26/12/2022

Neste últinmo Cántamo...en galego!! do ano, facemos soar a Santi Araujo con Leonor Watling e a canción "Miña Rula/ Non teñas medo", a banda de Caldo co seu último tema "Acorro", Xose Luis Romero e Aliboria con "Estrela guía" e rematamos coa banda Guezos e o "Faícas".

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 05/12/2022

Todos os luns poñemos ritmo con artistas galegos cantando en galego. Hoxe escoitamos a Rodrigo Ramos con "Claustrofobia", Mallou con "Bos amores". Finalizamos con O Rabelo e Eva Outeiro que colaboran en "Rumba do Pam", producida por Petrowski.

MÚSICA

ESVA

Una vez al mes en Más de Uno hablamos de la música que se hace en Gijón y dónde escucharla.

ONDA CERO PONTEVEDRA

Cántamo en galego 19/09/2022

Neste inicio de semana repasamos algunhas categorías dos Premios Martin Codax da música. Facemos soar a De Vacas con "Beo beo o Xacobeo", a Sofía Espiñeira con "A vida comtemplativa", a Sheila Patricia con "A Moura", Os d'Abaixo e finalizamos con Pitusa Semifusa.

MÁIS DE UN PONTEVEDRA

Cántamo en galego 30/05/2022

Hoxe escoitamos a Berto con "Absolución", facemos soar un poema musicado de Florencio Delgado Gurriarán adaptado e interpretado por Lara Villaverde e Fran Gómez que se titula "Un guerrilleiro". A música para o público cativo estará moi ledo con "Cantamos?" canción que se atopa no disco "Un día con papá". Finalizamos con datas de concertos e co ritmo de Guadi Galego e Lisandro Aristimuño en "Balada de verán".