Temas

Gente Viajera de Galica

ONDA CERO GALICIA

Gente Viajera de Galicia 27/11/2020

La Brújula de Galicia, Gente Viajera de Galicia. Cada tarde de viernes un recorrido radiofónico con relatos viajeros, visitas a diferentes rincones de Galicia, consejos prácticos para viajar… Los viernes a partir de las siete de la tarde con Susana Pedreira

EN GENTE VIAJERA

Julia Navarro: "Descubrir Gijón lleva su tiempo porque es un viaje al pasado"

La escritora Julia Navarro nos lleva hasta el Principado de Asturias a la ciudad de Gijón para recomendarnos los libros que podemos llevar en la maleta de autores como Gaspar Melchor de Jovellanos, Leopoldo Alas, Clarín, o Pilar Sánchez Vicente y donde, además, nos desvela los mejores rincones de esta ciudad llena de historia "que no se acaba nunca y que está llena de sorpresas".

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (28-02-2020)

A viaxe desta tarde lévanos ata Baiona para vivir a Arribada e ata Arzúa para vivir a Festa do Queixo. Andaremos de #Cuchipanda con Polo Correo do Vento e comendo boas empanadillas por Vigo da man de María Fernández, editora xefa da revista Traveler.es. O noso destino final desta semana é Chantada para adiantarnos á Feira do Viño que celebran a partir do 6 de marzo.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (10-01-2020)

Nesta primeira viaxe de 2020 comezamos repasando a actualidade e viaxando ata Canadá, nunha nova entrega de "Viaxes Arnau". Percorreremos Galicia desde a cidade de Lugo con Lidia de la Fuente, ata o barco de Valdeorras para degustar o seu botelo, pasando pola provincia de Pontevedra para apuntarnos á nova edición de "Voando na Rías Baixas".

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (15-11-2019)

Como cada venres, a viaxe comeza coa actualidade da semana e cun destino express: o Castelo de Soutomaior para participar nunha nova cata amateur da Ruta do Viño Rías Baixas. Desfrutamos da cultura e da gastronomía compostelá coa directora da Revista Pincha, Rebeca Munín. Buscamos cidades que se transforman coa chegada do Nadal con María Fernández desde www.traveler.es e rematamos descubrindo un novo xeodestino: a Ribeira Sacra entre as provincias de Lugo e Ourense.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (23-11-2018)

Viaxamos polo mundo co gaiteiro Carlos Núñez e o seu primeiro libro, "La hermandad de los celtas". Facemos enoturismo da man do grupo Terras Gauda e degustamos un menú de outono na provincia de Ourense descubrindo a Casa Ramirás. Rematamos a viaxe visitando o Concello de Lalín e degustando os queixos de Dona Cobiña porque este mes para nós é o MES DO DEZA

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (02-06-2017)

Repasamos a actualidade do sector e facemos unha primeira viaxe express ata Compostela para percorrer o seu pasado medieval. Na entrevista estivemos coa editora de El Patito, Gemma Sesar, e co debuxante Joaquín González Dorao, autores da "Guía Ilustrada da Praza de Abastos de Santiago". Visitamos a capital europea do viño 2017, Cambados, para maridar viño, cine, música e gastronomía co proxecto "Videa Cambados". E, ademais de comer, aprenderemos a cociñar en EL TALLER de Ourense .

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (28-04-2017)

Comezamos o programa coa actualidade da semana e as previsións do sector para a ponte de maio. No tempo da entrevista viaxamos polas cidades dos nenos co investigador e pedagogo italiano, Francesco Tonucci, e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera. Ademais, visitamos a exposición "Imaxinar a educación. 50 anos de FRATO" no Pazo da Cultura de Pontevedra. Temos "cuchipanda", como cada último venres do mes, cos amigos de Polo Correo do Vento (Quique Mauricio e Carlos Taboada).

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (07-04-2017)

Neste venres previo a Semana Santa apostamos pola provincia de Lugo para desfrutar do interior na cidade da muralla e da costa en Viveiro coa súa Semana declarada de "Interese Turístico Internacional". Sumámonos á inauguración do novo balneario Caldas de Partovia, a dous quilómetros do Carballiño (Ourense), e facemos unha viaxe express por Betanzos. Como cada primeiro venres de mes, inauguramos abril cos "Murmullos entre maletas" da nosa guía Ana Otero

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (03-02-2017)

A actualidade da semana e unha pequena viaxe pola Pontevedra de Castelao abren o programa deste venres na que estreamos guía: Ana Otero estará con nós cada inicio de mes para coñecer os hábitos turísticos e os destinos máis recomendables. Este venres os hábitos de febreiro con "Xantar", o Cocido e o Entroido son os protagonistas, ademais de visitar Colonia en Alemania. No tempo da entrevista viaxamos polo mundo guiados por Xurxo Fernandes do grupo RADIO COS. E para descansar escollemos o Mosteiro de Aciveiro en Forcarei