cantamo en galego

Onda Cero Pontevedra

29/09/2015 14:12

Pontevedra en la Onda 29-09-2015

A "batalla dos lombos" en Pontevedra centra a nosa atención no inicio do programa en torno á primeira asemblea veciñal que hoxe organiza o goberno local en Monteporreiro e as críticas do PP que asistirá a ese encontro a pesar de non estar convidados formalmente. No tempo do almorzo informativo conversamos co delegado da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Recibimos a visita de Mercedes Corbillón con novas recomendacións cronopios, e recuperamos a sección musical "Cántamo... en galego!" que onte luns non puidemos emitir

Onda Cero Pontevedra

21/09/2015 14:10

Pontevedra en la Onda 21-09-2015

Os nomes propios do días son o da ministra Ana Pastor de visita e inauguración en Pontevedra e o de Javi Gómez Noya, cinco veces campión do mundo! Ademais, este luns 21 de setembro é o Día Mundial do Alzheimer e del falamos coa xerontóloga pontevedresa Lucía Saborido. Falamos de emprendemento co director da Pont-Up Store que mañá comeza na cidade e recuperamos a voz de Carlos Pereiro nunha nova edición de Cántamo en galego

Onda Cero Pontevedra

10/08/2015 15:12

Pontevedra en la Onda 10-08-2015

Comezamos o luns co balance da primeira fin de semana de peñas 2015 e repasando a actualidade local e comarcal. No tempo da entrevista conversamos con Laura Expósito desde a Ruta do Viño Rías Baixas. Percorremos as nosas praias buscando a predicción metereolóxica e poñemos ritmo ao luns coa sección musical "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

03/08/2015 14:56

Cántamo en Galego!

Escoita aqui a sección musical da semana

Onda Cero Pontevedra

03/08/2015 14:42

Pontevedra en la Onda 03-08-2015

Comezamos a semana co último día de loito oficial en Moraña e o minuto de silenzo en lembranza de Candela e Amaia fronte á Deputación de Pontevedra. A Rúa Responde sobre a feira taurina que chega esta vindeira fin de semana e a manifestación convocada polo colectivo "anti-touradas". No tempo da entrevista conversamos co responsable de comunicación do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia, Ángeles Pazos, sobre a campaña especial que hoxe e mañá poñen en marcha en Marín. Percorremos as praias das Rías Baixas buscando a predicción metereolóxica. E, como cada luns, poñemos ritmo musical ao inicio de semana cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Normalización Lingüística - Concello de Pontevedra

20/07/2015 14:36

Normalización Lingüística - Concello de Pontevedra

20/07/2015 14:36

Cántamo en Galego (Luns 20-07-2015)

Escoita aquí a sección musical desta semana

Onda Cero Pontevedra

07/07/2015 12:23

Pontevedra en la Onda (06/07/15)

Comezamos o programa co repasamos da actualidade local e comarcal e escoitando a opinión da RÚA. No tempo da entrevista conversamos co presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos. Percorremos as nosas praias buscando a predicción metereolóxica en cada unha delas. Resumimos a actualidade deportiva da fin de semana e poñemos música ao luns cunha nova edición do noso "Cántamo... en galego!"