Onda Cero Pontevedra
21/03/2016 16:04
Cántamo en Galego 21-03-2016
Escoita aquí a sección musical de Cántamo...en galego !!!
Onda Cero Pontevedra
21/03/2016 16:04
Escoita aquí a sección musical de Cántamo...en galego !!!
Onda Cero Pontevedra
21/03/2016 15:56
Co pleno da corporación municipal de Pontevedra comezamos a semana e o programa deste luns de Semana Santa. Recibimos a visita de María Xesús López Escudeiro, coautora do libro "Do gris ao violeta", nunha nova edición de "A memoria das mulleres". Como cada luns coñecemos a actualidade do deporte local con Rubén Rey, e poñemos ritmo ao mediodía coa mellor música en galego
Onda Cero Pontevedra
14/03/2016 14:44
Comeza a semana cos ecos do congreso provincial do PP en Pontevedra que resumimos no inicio do programa. Ademais de repasar a actualidade deportiva e de descubrir nova música en galego, hoxe estreamos sección: incorporamos cada luns A MEMORIA DAS MULLERES, un traballo de investigación sobre as achegas á Historia das mulleres pontevedresas.
Onda Cero Pontevedra
10/02/2016 14:22
Xornada de festivo local na cidade de Pontevedra con ENCE centrando o debate no Parlamento de Galicia, ata alí nos imos para escoitar a Feijoo, Jorquera e Lores. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. Temos cita coa nosa coach, Raquel Pedrouso, para falar esta semana da "empatía". E recuperamos a sección musical "Cántamo... en galego!" que tiñamos pendente esta semana
Onda Cero Pontevedra
30/11/2015 14:25
As novidades en torno ao crime de Ponte Caldelas centran a nosa atención no inicio do programa, ademais do pleno da corporación municipal de Pontevedra celebrado no Teatro Principal. Facemos balance da viaxe do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a Hong Kong. Repasamos a actualidade deportiva da fin de semana con Rubén Rey. E, como cada luns, poñémoslle ritmo ao inicio de semana cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"
Onda Cero Pontevedra
23/11/2015 14:18
Arrancamos a semana coa oportunidade de coñercer a realidade que se respira en Hong Kong. A delegación de Pontevedra desprazada ata o país asiático está, na víspera, de recibir un novo premio pola mobilidade urbana e rural na cidade do Lérez. Con Susana Pedreira coñecemos algunhas historias que vinculan a Pontevedra coa cidade China. No programa subimos a pasarela Debut 2015, coa directora da Escola de Deseño e Moda de Galicia, Lola do Pico. A maiores repasamos a actualidade deportiva e, como cada semana, nos adentramos no espacio ‘Cántamo en Galego’.
Onda Cero Pontevedra
16/11/2015 14:10
A semana comeza tamén en Pontevedra marcada polos atentados de París e cun nome propio na actualidade: o de Alberto Pardo Touceda, pontevedrés afincado en Francia ao que se deu por falecido a pasada xornada, unha cuestión que centra a nosa atención ao longo do programa. Repasamos a actualidade deportiva con Rubén Rey e poñemos ritmo ao luns cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"
As "Baladas da Galiza imaxinaria" chegan a Pontevedra con Uxía e Narf
19/10/2015 16:47
As "Baladas da Galiza imaxinaria" chegan a Pontevedra con Uxía e Narf
19/10/2015 16:47
Escoita aquí o encontro con Uxía e Narf no Local de Música de Pontevedra. Foto cedida por Luís Pereiro.
Onda Cero Pontevedra
19/10/2015 14:22
O pleno da corporación municipal de Pontevedra centra a nosa atención no inicio de programa. Coñecemos a predicción metereolóxica e, como cada luns, repasamos a actualidade deportiva que nos deixa a fin de semana con Rubén Rey. Ademais, hoxe temos versión extendida de Cántamo en Galego e compartimos con vos o encontro gravado no Local de Música de Pontevedra con Uxía e Narf. E hoxe, Día Mundial contra o Cancro de Mama, dedicamos o programa ás mulleres que loitan contra o cancro.
Onda Cero Pontevedra
05/10/2015 14:38
Comezamos a semana pendentes do tempo, con novas obras na cidade que implican operativos especiais de tráfico e con xunta de goberno local. Como cada luns facemos balance deportivo da fin de semana co noso compañeiro Rubén Rey e escoitamos a mellor música en galego en compañía de Carlos Pereiro