Onda Cero Pontevedra
20/12/2016 14:23
Cántamo en Galego (19-12-2016)
Este luns en "Cántamo en galego" coñecemos o panorama musical en galego na nosa comunidade.
Onda Cero Pontevedra
20/12/2016 14:23
Este luns en "Cántamo en galego" coñecemos o panorama musical en galego na nosa comunidade.
'O mundo está parado' - Último disco
28/11/2016 16:28
Na súa Cedeira natal reconcíliase con este mundo de individualidades que ela ve "parado" e así nolo canta no seu terceiro disco cunha sonoridade máis ampla e unhas letras máis sociais que no anterior. Con Guadi Galego, compositora, cantante, nai e mestra falamos de música pero tamén da educación neste século XXI e da necesidade de "educar na reflexión". Os alumnos e alumnas do IES Luís Seoane son o público desta entrevista dentro da sección musical "Cántamo... en Galego".
"E isto é o amor", último disco de Caxade
21/11/2016 17:11
Defínese como artesán da música e no seu último disco di saber o que é o amor, aínda que durante a conversa recoñece que está nunha fase "experimental". Con Alonso Caxade falamos do sector da música en Galicia e do seu último traballo, ademais de repasar a súa traxectoria con máis de 100 directos ás súas costas. Os alumnos do IES Sánchez Cantón son o público desta entrevista dentro da sección musical "Cántamo... en Galego"
Onda Cero Pontevedra
21/11/2016 16:37
A semana comeza co Día Mundial para lembrar as vítimas de accidentes de tráfico e concluirá co 25-N Día Mundial contra a violencia Machista, dúas efemérides que centran a nosa atención no inicio do programa. Buscamos a predicción do tempo e conectamos en directo co pleno da corporación municipal de Pontevedra no Teatro Principal. Temos versión extendida de "Cántamo... en galego!" con Alonso Caxade como convidado no IES Sánchez Cantón. Como cada luns repasamos a actualidade deportiva con Rubén Rey
Onda Cero Pontevedra
07/11/2016 14:12
A semana comeza coa celebración en Cambados tras conseguir a capitalidade europea do viño 2017 e con novas protestas da policía local en Pontevedra. No tempo da entrevista falamos co xornalista "Gonzo" que este mes exerce como padriño da Gran Recollida Solidaria (25 e 26 novembro) organizada polo Banco Provincial de Alimentos. Con Rubén Rey poñémonos ao día en materia deportiva e hoxe cantamos en galego coa visita de "Migallas Teatro" con novo libro disco baixo o brazo
Onda Cero Pontevedra
24/10/2016 14:01
Comezamos a semana coa campaña de vacinación contra a gripe e o aniversario do crime machista e Pontesampaio, cuestións que centran a nosa atención no inicio do programa. No tempo da entrevista conversamos co director da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto, para coñecer a campaña solidaria de recollida de tapóns coa que axudar a Nahir, una nena pontevedresa de 5 anos con parálise cerebral. E, como cada luns, falamos de deporte con Rubén Rey e escoitamos as novidades musicais en galego
Onda Cero Pontevedra
27/07/2016 14:35
Comezamos o programa repasando a actulidade da xornada e escoitando o que A RÚA RESPONDE. Como cada mércores de verán citámonos nas TERRAZAS da Devesa cos protagonistas da actualidade, hoxe convidamos ao portavoz do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira. Buscamos a predicción do tempo e percorremos as principais praias das Rías Baixas. Poñemos ritmo ao mércores cunha nova edición de "Cántamo... en galego!". E chegamos xuntos a tempo de noticias cunha axenda cultural e de ocio para as vindeiras horas.
Onda Cero Pontevedra
20/07/2016 14:51
Onda Cero Pontevedra
20/07/2016 14:51
Comezamos o programa repasando a actulidade da xornada e escoitando o que A RÚA RESPONDE. Como cada mércores de verán citámonos nas TERRAZAS da Devesa cos protagonistas da actualidade, hoxe convidamos ao alcalde de A Illa de Arousa, Carlos Iglesias. Buscamos a predicción do tempo e percorremos as principais praias das Rías Baixas. POñemos ritmo ao mércores cunha nova edición de "Cántamo... en galego!". E chegamos xuntos a tempo de noticias coas principais novas do día e unha axenda cultural e de ocio para as vindeiras horas.
Concello de Pontevedra - Normalización Lingüística
07/07/2016 13:45
Escoita aquí o encontro íntegro con GARCÍA MC no CEIP Santo André de Xeve de Pontevedra
Onda Cero Pontevedra
02/05/2016 14:18
Estreamos mes de maio, mes da lingua en Pontevedra e aquí en Onda Cero! Repasamos a actualidade local e comarcal da xornada, ademais de buscar a predicción metereolóxica. Como cada luns recuperamos a MEMORIA DAS MULLERES a través do proxecto municipal "Do gris ao violeta", hoxe conversamos con Ramón Rozas para coñecer o papel das mulleres no comercio local. A actualidade deportiva coñecémola con Rubén Rey e poñemos ritmo ao luns cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"