Panaderías A'Devesa e a editorial Polo Correo do Vento

A pintora galega Maruja Mallo protagonista da bolsa do pan

Panaderías A'Devesa e a editorial Polo Correo do Vento deseñan unha nova bolsa de pan protagonizada por Maruja Mallo, que se presentou o pasado Sábado, 1 de Abril, no Museo de Pontevedra coa presencia do deputado de cultura, Xosé Leal.

ondacero.es

Pontevedra | 03.04.2017 14:26

A Devesa e Polo Correo do Vento
A Devesa e Polo Correo do Vento | Onda Cero Pontevedra

O Museo de Pontevedra foi o esceario da presentación unha bolsa para o nova barra de pan de A'Devesa, 'A Galega Dobre Centeo', como homenaxe a Maruja Mallo, a quen se adica o Día das Artes Galegas. No acto participou o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, os representantes da editorial 'Polo Correo do Vento', Enrique Mauricio e Carlos Taboada, e a responsable da dirección dos establecementos das panaderías e cafeterías de A'Devesa, Patricia Novas.

Carlos Taboada, o encargado de deseñar a nova bolsa de pan, explicou que a súa proposta se divide en dúas partes: unha na que realiza a interpretación do cadro 'A Sorpresa do Trigo' de Maruja Mallo, cun trazo riscado con lapis ,a mesma técnica que utilizaba a propia Maruja para debuxar nos seus cadernos alá polo ano 1936 en Beluso cando a sorprendeu a Guerra Civil; e unha segunda parte que é un retrato de Maruja Mallo realizado polo propio ilustrador.

“Consideramos que o noso xeito de traballar, apostando sempre polas materias primas locais, e cunha elaboración artesana como se fixo sempre o pan galego, o pan de verdade. Están estreitamente vinculados coa filosofía coa que traballaba Maruja Mallo”, destacou durante a súa intervención Patricia Novas, quen subliñou que cando os profesionais de 'Polo Correo do Vento' lle propuxeron a iniciativa “entendemos que era o xeito ideal de dar a coñecer o noso novo pan, a barra 'A Galega Dbre Centeo', un pan elaborado con masa madre, longas fermentacións, tal e como se fixo sempre o pan en Galicia”.

Do importante papel que xoga o pan en Galicia falou Enrique Mauricio quen destacou a frase de Cunqueiro 'A nosa lingua sabe a pan'. “A cultura debe ir sempre coa empresa. A nosa cultura vende, é rentable e estamos orgullosos dela”, engadiu o responsable de Polo Correo do Vento.

Nesta mesma dirección incidiu o Diputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, quen aplaudiu a “acción artística dentro da actividade comercial que desenvolve A'Devesa”. “A arte non está nos Museos, senón no día a día, sentenciou o Diputado.