Noticias Mediodía Galicia 12/09/2018
Escoitamos moi poucas veces ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices chamarlle a atención ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun debate parlamenario. Hoxe foi unha desas veces. As referencias de Feijoo ao cerebro de Pablo Iglesias comparandoo co cerebro do portavoz de En Marea, Luis Villares costoulle ao xefe do executivo unha leve reprimenda do presidente do Lexislativo. Foi durante a sesión de control ao Goberno na que BNG e En Marea pediron o cese do conselleiro Almuiña e a apertura dunha Comisión de Investigación sobre a morte dun home no PAC da Estrada, este verán, mentras o equipo saniario atendía un servizo fora do centro de saúde. Na Coruña a compra de dúas vivendas para uso social a un asinante de En Marea e asesor de Ada Colau no concello de Barcelona cobrouse a súa primeira víctima, e non foi o cese dun responsable político. O goberno de Xulio Ferreiro pretende pechar este caso co cese dunha xefa de servizo.