Na presentación suscribiron o seu rexeitamento ao actual sistema das autonomías poñendo o acento nas "discriminacións lingüísticas".
Ás portas do local da rúa do progreso onde se presentou Vox, vixiados por axentes do corpo nacional de policía, un grupo de antifascistas expresaba o seu rexeitamento con berros e pancartas. Dende Vox Ourense trataron de non darlle relevancia ao acontecido pedindo respeto aos seus dereitos e asegurando que o que están percibindo é "receptividade" ao seu proxecto político.