Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar, recoger datos estadísticos y mostrarle publicidad relevante. Si continúa navegando, está aceptando su uso. Puede obtener más información o cambiar la configuración en política de cookies.

Disfruta de la app de Onda Cero en tu móvil.

Ourense Cidade

Os veciños de Ourense accederán a Alameda da Ponte esta primavera

A Xunta de Galicia, prevé rematar as obras de reforma e adaptación da Alameda da Ponte, en Ourense, nos vindeiros meses

Redacción | Ourense | 14/01/2019

Alameda da Ponte

Alameda da Ponte / onda cero

Así o avanzou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que visitou as obras que está a executar a Consellería de Medio Ambiente, por un importe de case 265.000 euros.

Recordou que este punto da Cidade das Burgas necesitaba unha recuperación, que inclúen traballos de impermeabilización na zona oeste para poñer fin ás filtracións existentes; ao tempo que se melloran os equipamentos, como coa colocación de novo mobiliario; se reparan elementos de peche; e se favorecen as condicións de accesibilidade e a rehabilitación da fonte existente. Os traballos rematarán con tarefas de axardinamento e outras melloras que permitan poñer en valor este espazo, ata o de agora con pouco uso polas condicións nas que se atopaba.

A conselleira salientou que a importancia desta actuación tamén reside na capacidade de resposta que se da as novas necesidades deste barrio en crecemento, favorecendo a revitalización do mesmo e apostando pola recuperación do xa construído; ao tempo que é unha clara mostra da política da Xunta de Galicia en canto á revalorización e preservación de espazos que crean veciñanza, salientou Vázquez Mejuto.

Engadiu que a Xunta ten dado mostras do compromiso coa revitalización e recuperación dos distintos espazos urbanos do concello e puxo como exemplo, a mellora dun espazo público, como é a Praza da Alameda de Covadonga, á que se achegaron 261.000 euros dentro do Plan hUrbe; así como outras actuacións de acondicionamento na Praza do Sagrado Corazón e nas rúas Nicomedes Pastor Díaz, Benito Fernández Alonso, Filomena Dato, García Álvarez, Castelo Ramiro e Travesía Fernández Alonso, actuacións nas que se investiron preto de 1,2 millóns de euros.

A conselleira reiterou o compromiso do Goberno galego por recuperar e rehabilitar os espazos urbanos, un obxectivo que se concreta en colaboracións nas distintas actuacións que os concellos demandan. De feito, durante a visita, o rexedor municipal

presentoulle un novo proxecto para a recuperación dunha pequena praza nas Lagoas. A conselleira indicoulle a necesidade de remitir a documentación relativa a esta nova iniciativa, co fin de que a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo analice o proxecto e as posibilidades de colaboración para arranxar os pavimentos das beirarrúas e os paseos, remodelar unha zona de xogos infantís e instalar novas luminarias na praza.

Nese sentido, a conselleira recordou que a vindeira semana se publicará unha orde de axudas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que teñen por obxectivo financiar proxectos para a creación ou mellora de rúas, espazos públicos e infraestruturas urbanas nos concellos. O programa contará cunha partida de 2,5 millóns de euros e está dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes. A convocatoria farase en réxime de concorrencia competitiva e os concellos interesados poderán optar á mesma coa presentación de proxectos para mellorar infraestruturas urbanas, rúas e espazos públicos.

Esta convocatoria dálle continuidade ás sucesivas ordes de axudas que a Consellería impulsou nos últimos anos na súa aposta pola humanización das vilas e concellos galegos a través do financiamento de novas infraestruturas e servizos que axuden a mellorar a calidade de vida dos seus veciños.