Turismo

Os turistas incrementan a súa estadía media na cidade

Un de cada tres visitantes pasa máis de dous días en Ourense, unha estatística que supera por primeira vez a dos que só quedan unha noite

Óscar Gómez

Ourense | (Publicado 05.06.2019 07:59 )

La visita de turistas se incrementa en la provincia de Ourense | La Voz de Galicia

Os turistas xa non só pasan por Ourense: cada vez máis, quedan. Así o demostran as últimas estatísticas da Oficina Municipal de Turismo, que no que vai de ano atenderon 11.145 persoas, 1.025 máis que no mesmo período do ano pasado (unha subida do 10%), sendo o mes de abril -coincidindo coa campaña especial de Semana Santa- o de maior afluencia de visitantes. Ademais, e por vez primeira, os rexistros de persoas que quedan máis de dúas noites -unha de cada tres- superan aos dunha soa noite (2.319 fronte a 1.865).

Tursitas na cidade de ourense | Faro de Vigo

A folla de ruta das políticas de promoción que leva a cabo a Concellería de Turismo e Termalismo están dando os seus froitos”, asegura o concelleiro desta área en funcións, Jorge Pumar. “Do mesmo xeito, a asistencia a feiras especializadas e a divulgación dos potenciais de Ourense, xa non só a nivel termal, senón gastronómico, cultural ou de compras”, asegura o edil, “amosan que Ourense é un destino perfecto para públicos obxectivos moi diversos”.

A isto axuda, tamén, que Ourense conte cunha ampla oferta de vivendas de uso turístico. Actualmente hai 106, pero veñen moitas máis que aínda están tramitando os permisos esixidos pola Xunta de Galicia, apuntan desde a Oficina de Turismo. Este factor aumenta as posibilidades de viaxar en familia, ademais de ter capacidade de acollida para moitos dos eventos culturais e deportivos que se celebran na nosa cidade.

A procedencia dos visitantes segue a estar encabezada polo turismo nacional: Madrid, Castela A Mancha, Galicia -sobre todo da provincia da Coruña- e Asturias son, por esta orde, as comunidades que máis viaxeiros envían. No tocante ao turismo estranxeiro, portugueses, franceses, estadounidenses, seguidos de arxentinos e alemás, son os máis presentes na cidade. Rusia e Australia soben nesta estatística, na que se colan tamén Madagascar (17 persoas no mes de abril) ou Xapón.

Camiño de Santiago

Os peregrinos son outra das fontes do turismo na cidade. No que vai de ano, a Oficina de Turismo atendeu máis de 300, principalmente franceses e estadounidenses. Por detrás están os peregrinos nacionais, que descobren Ourense a través da Vía da Prata procedentes, principalmente, de Valencia e de Andalucía.