Feira do Cocido de Lalín

Presentada en CC Ponte Vella de Ourense unha nova edicion da Feira do Cocido de Lalín

A presentación complementouse coa degustación das preparacións realizadas en directo polos restauradores Cecilia e Antonio, dos restaurantes Sanmartín e Onda Antonio.

Onda Cero Ourense

Ourense | (Publicado 29.01.2020 14:15 )

Feira do Cocido de Lalín | Onda Cero Ourense

O alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, a concelleira de Turismo, Begoña Blanco, Antonio Cortés, director de RSC de Gadisa, e Carlos González, delegado da compañía en Ourense, presentaron a 52ª edición da Feira do Cocido lalinense, declarada festa de Interese Turístico Internacional, que terá lugar o vindeiro 16 de febreiro.

Na capital dezana xa arrancou o XXII Mes do Cocido “De San Amaro a San Valentín, Mes do Cocido en Lalín”. Nestas semanas, 24 restaurantes da localidade ofertan 3.600 prazas para degustar o tradicional prato da gastronomía galega.

Gadis, patrocinador do evento gastronómico, convida a todos os clientes a gozar da Feira do Cocido, e a participar nos seus supermercados da promoción de produtos do cocido.