Telmo Ucha toma posesión do seo cargo
Non houbo sobresaltos no pleno extraordinario do concello de Ourense no que tomou posesión o edil de Democracia Orensana Telmo Ucha en sustitución do ex edil de cultura Mario González
Non houbo sobresaltos no pleno extraordinario do concello de Ourense no que tomou posesión o edil de Democracia Orensana Telmo Ucha en sustitución do ex edil de cultura Mario González e a quen a edil popular Ana Morenza lle deu a benvida con un
Como cuestión previa o secretario do concello informou da existencia de varios escritos sobre a reclamación da portavocía en Democracia Orensana e a adscripción de edís indicando que o asunto queda pendente de resolver nun próximo pleno unha vez que o Ministerio do Interior certifique quen é o representante legal de Democracia Orensana, (representación que o propio Gonzalo Pérez Jácome reivindica).
O pleno aprobou por unanimidade a modificiación de creto por importe de millón e medio de euros nunha sesión na que o Alcalde retirou a palabra no primeiro turno de intervencións ó voceiro do BNG, Luis Seara e ó voceiro de Ciudadanos, José Araujo, por non ceñirse ó asunto.
Seara emprazou novamente ós grupos a unha reunión ó remate da sesión para avanzar na posibilidade de plantexar unha moción de censura.
Telmo Ucha Álvarez
Tras a súa toma de posesion do seo cargo Telmo Ucha dice que a "decisión -profundamente meditada- está baseada unicamente no principio do respecto á cidadanía de Ourense.
Vouno facer sen entrar en debates sobre cuestións de partido, que sempre me foron alleas".
"A miña única dúbida era decidir se, como concelleiro, podería intervir na actual situación municipal con responsabilidade, poñéndome ao dispor da cidadanía de Ourense.
E é que nesta situación, na que ademais moitas persoas están a sufrir as consecuencias da COVID19, os que temos que asumir responsabilidades políticas temos que responderlle á cidadanía con total dedicación e traballo."
"Por todo isto, desde xa e con con absoluta lealdade ao alcalde, póñome á súa disposición para desbloquear a actual situación e asumir aquelas responsabilidades nas que poida servir do mellor xeito á cidadanía, que constitúe e constituirá a miña única preocupación diaria dentro da política local".