Incendios

Siguen os incendios na provincia de Ourense

Segue decretada, como medida preventiva, a Situación 2 no lume activo de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido, cunhas 2.000 hectáreas afectadas

Óscar Gómez

Ourense | 15.09.2020 09:52

Ourense rexistra unhas 8.000 hectáreas queimadas
Ourense rexistra unhas 8.000 hectáreas queimadas | Europa Press

Estabilizados os lumes de Vilar de Barrio-Rebordechau (700 ha), A Gudiña-Pentes (150 ha) e Muíños-Requiás (9 ha no Parque do Xurés)

ACTIVOS

Vilariño de Conso

Segue decretada, como medida preventiva, a Situación 2 no lume de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido, cunhas 2.000 hectáreas afectadas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Este lume continúa activo, desde as 02,22 horas do domingo, e segundo as últimas estimacións afecta unhas 2.000 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 16 axentes, 29 brigadas, 13 motobombas, 4 pas, 14 helicópteros e 9 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Lobios

Dende as 19,40 h. do sábado permanece activo o lume do municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unhas 2.000 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 18 axentes, 42 brigadas, 22 motobombas, 1 pa, 11 helicópteros e 5 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Cualedro

O incendio permanece activo. Iniciouse ás 14,48 h. do domingo e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 1.300 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 11 axentes,

19 brigadas, 12 motobombas, 5 pas, 6 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Chandrexa de Queixa

Está activo desde as 16,07 h. do domingo un lume na parroquia de Queixa, concello de Chandrexa de Queixa, e que afecta provisionalmente unha superficie dunhas 500 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 5 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

Rairiz de Veiga

Permanece activo o lume rexistrado no concello de Rairiz de Veiga, parroquia de Sabariz, tras comezar ás 13,44 h. do domingo. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unhas 300 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 16 axentes, 29 brigadas, 24 motobombas, 2 pas e 9 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Vilardevós

Activo desde as 1,04 h. do luns un lume en Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervo. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 300 hectáreas. No seu control participan 15 axentes, 21 brigadas, 18 motobombas, 4 pas e 8 helicópteros.

Manzaneda

Activo desde as 5,32 h. do luns un lume no concello de Manzaneda, parroquia de Cernado, que afecta provisionalmente unhas 200 hectáreas de superficie. No seu control levan traballado 1 técnico, 3 axentes, 6 brigadas e 4 motobombas.

Tamén permanece activo desde as 2,40 h. de onte outro lume neste concello, na parroquia de Paradela, ao que se lle uniu un terceiro rexistrado na parroquia de San Martiño, o que evidencia a clara intencionalidade nos lumes deste concello. Entre os dous suman unha superficie provisional dunhas 120 hectáreas. No lugar están traballando 1 técnico, 8 axentes, 24 brigadas, 15 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

A Mezquita

Activo dende as 12,24 h. de onte un lume procedente de Zamora que, segundo as primeiras estimacións, afecta unhas 250 hectáreas do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Cádavos. Para a súa extinción lévanse mobilizado ata o de agora 5 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas, 2 pas e 2 helicópteros.

Laza

Segue activo desde as 20,29 h. do sábado o incendio do municipio ourensán de Laza, parroquia de Camba, e que afecta arredor de 60 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 5 axentes, 15 brigadas, 3 motobombas, 3 pas e 4 avións.