Restricións de estacionamento e circulación pola chegada de laVuelta a Ourense
Recoméndase non acceder aos tramos polos que pasará a competición para evitar aglomeracións de xente e seguir o desenvolvemento da carreira desde a televisión
A Policía Local informa de que, con motivo da chegada de laVuelta ciclista a España a Ourense, comezarase a reservar o espazo público solicitado pola organización do evento, ao que xa non se poderá acceder desde as 20:00 horas do luns 2 de novembro. Esta reserva afectará ás seguintes rúas:
Rúa Francisco Añón Paz
Rúa Bispo Lourenzo
Praza Alfonso Alcaraz
Rúa Poeta Manuel Antonio
Ademais, a partir das 16:00 horas do luns 2 de novembro iniciarase a reserva de espazo e retirada de vehículos nas seguintes rúas: :
Estrada de Reza (tramo comprendido entre a glorieta de Ervedelo e Avda. Vista Hermosa)
Rúa Francisco LLoréns
Avda. Vista Hermosa
N-120, saída Centro Comercial
Carril de acceso ao Pavillón dos Remedios pola N-120
O mércores 4 de novembro, día da chegada da etapa 14 de laVuelta procedente de Lugo, procederase a cortar as seguintes rúas:
Desde as 7:30 horas:
Avda. Vista Hermosa
Rúa do Bispo Lourenzo
Desde as 15:00 horas:
N-120 dirección Monforte desde acceso Pardo de Cela ate o final do termo municipal
Rúa Pardo de Cela desde Glorieta de Concepción Arenal até a N-120
Rúa Greco tramo entre as rúa Francisco Lloréns e Remedios
Rúa Francisco Lloréns desde rúa Greco até Ponte Lebrona
Rúa Mateo de Prado
Estrada de Reza desde Glorieta de Ervedelo até Avda. Vista Hermosa
Estrada de Subida a Nom de Deu
Rúa Pablo Iglesias, acceso N-120
C-546 (estrada de Velle) acceso a N-120
N-525 tramo desde Glorieta Ervedelo a rúa Basilio Alvarez
N-120 desde rúa Basilio Alvarez até Eirasvedras
Rúa Sampaio acceso a N-120
Cemiterio As Caldas, acceso a N-120
Rúa Basilio Álvarez entre Victoria Kent e N-525
Rúa Xesús Pousa dirección Basilio Álvarez
Rúa Eulogio Gómez Franqueira acceso a N-120
laVuelta, desde casa
Desde o Concello de Ourense e desde a organización da carreira recoméndase que o público non acceda aos tramos polos que pasará a competición para evitar aglomeracións de xente. É importante cumprir con todas as medidas para evitar a expansión da COVID19 e seguir o desenvolvemento da carreira desde a televisión.