Transfugismo

O Psoe esíxelle a Baltar que cumpra co pacto de transfugismo

Os socialistas de Castrelo presentaron un recurso contencioso contra a resolución ditada polo pleno do Concello de Castrelo de Miño trala moción de censura, que foi adoptado polo xulgado

Óscar Gómez

Ourense |

O Psoe esíxelle a Baltar que cumpra co pacto de transfugismo | onda cero

O PSdeG-PSOE de Ourense esixelle ao presidente do Partido Popular de Ourense, José Manuel Baltar, que cumpra co pacto antitransfuguismo e deixe de apoiarse en tránsfugas para manter o goberno na Deputación e nos concellos de Castrelo de Miño e Viana do Bolo. Na comparecencia estiveron presentes o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino; o deputado autonómico e secretario de organización, Juan Carlos Francisco; e a voceira socialistas en Castrelo de Miño, Catalina González, que presentou o pasado 30 de outubro un recurso no xulgado contencioso-administrativo de Ourense contra a resolución do pleno de constitución de goberno que se celebrou a posteriori da moción de censura na localidade do Ribeiro.

Os socialistas ourensáns lembraron que o PSOE presentou unha iniciativa política ligada a condena do transfuguismo político a finais do mes de outubro no Congreso dos Deputados. A pasada semana reuniuse a mesa do pacto antitransfuguismo da que forman parte o Partido Popular, o PSOE e varias forzas políticas do arco parlamentario. En devandita reunión acordouse unha nova lenda ao pacto, que é a definición de tránsfuga que é aquel que presentándose por determinado partido, acaba condicionando o seu partido e favorecendo o seu opositor.

“Esta definición coincide perfectamente co que acontece en Ourense onde Miguel Caride, apoia o goberno do PP na Deputación e encaixa tamén cos concelleiros que apoiaron as mocións de censura en Castrelo de Miño e Viana do Bolo”, explica Juan Carlos Francisco, que tamén apunta que “trátase de concelleiros que secuestraron a vontade democrática dos cidadáns e apoiando a outra formación para facerse coa alcaldía coma en Castrelo de Miño ou incluso facéndose coa alcaldía, como acontece en Viana do Bolo”.

O secretario de organización dos socialistas ourensáns e deputado autonómico pediulle o Partido Popular de Ourense que “condene os pactos asinados en Castrelo de Miño e Viana do Bolo e que se absteña de empregar a un tránsfuga para manter o goberno na Deputación”. Neste senso, Juan Carlos Francisco, tamén manifestou que “o PP de Ourense non pode emendar ao PP nacional, ou unha de dúas, ou está contra o trnasfuguismo como así está o PP nacional e o amosa mediante a firma na mesa do pacto ou está a outra cosa como acontece en Ourense”. Francisco tamén convidou os populares ourensans a que asuman “os principios máis elementais da democracia, que condenen o transfuguismo e que se absteñan de empregar tránsfugas para gañar alcaldías e manter o goberno na Deputación de Ourense”.

Pola súa banda, o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, subliñou que Baltar “debe responder se vai permitir que se manteñan estes gobernos antidemocráticos, ilexítimos e contrarios ao pacto antitransfuguismo” e apunta tamén que estes pactos van contra a lei “xa que son contrarios a norma que di que esas persoas non poden ter cargos superiores aos anteriores nin retribucións distintas as que tiñan cando formaban parte da formación pola que se presentaron”. Os socialistas condenan estas prácticas na que o PP permitiu e motivou mocións de censura con tránsfugas contra os gobernos lexítimos e democráticos elixidos pola veciñanza.