Ourense Capital

PSDEG-PSOE de Ourense denuncia a situació “deplorable” da canceira municipal

Rafael Rodríguez Villarino di que os socialistas “loitarán para que a canceira teña unas instalación novas e adecuadas” e solicita que se poñan de acordo entre a concellería de medio ambiente e servizos sociais para que se tomen as “medidas de seguridade oportunas”

Onda Cero Ourense

Ourense | (Publicado 23.07.2020 10:24 )

Albergue de perros y gatos | EFE

O Grupo municipal socialista denunciou esta mañá a deplorable situación de “abandono e suciedade” na que se atopan os arredores do albergue municipal de cans e gatos xestionados pola asociación PROGAPE. Unha situación que veñen denunciando dende hai anos, tanto os partidos políticos como a concesionaria, ao estar situados ao lado do punto limpo da cidade coa problemática de “ruidos e insalubridade” que iso xenera e o estrés engadido aos animais en acollida.

Os socialistas rexeitan por completo esta situación e demandan á concelleira de política social, Eugenia Díaz Abella, que se deixe de “incongruencias” e busquen unha nova ubicación con tódalas garantías sanitarias e de seguridade para o desenvolvemento da canceira. Tanto o Partido Popular como Democracia Orensana descartaron esta nova ubicación votando en contra da moción presentada no pasado pleno do Concello pese a que o propio grupo de goberno presentara unha emenda, fóra de prazo, na que se recollía a posibilidade de abrir esta vía.

O voceiro socialista, Rafael Rodríguez Villarino considera “inadmisble” que se den palabras para cambiar unha ubicación nun lugar “desafortunado e perigoso” para a propia canceira e onde se lle insiste en tódalas reunións do perigo de incendio da parcela -dado que non se realizan rozas nos arredores e se depositan todo tipo de desperdicios por estar ao carón do punto limpo. O voceiro reitera a necesidade da instalación de cámaras de seguridade para evitar que se produzan estas situacións. “Existen as boas palabras e non os feitos pero as palabras valen ata un punto e non é momento de valorar, é momento de actuar”, asegura Villarino, quen remata anunciando que o partido socialista “loitará para que a canceira teña unas instalación novas e adecuadas” e solicita que a lo menos que se poñan de acordo entre a concellería de medio ambiente e de servizos sociais para que se tomen as “medidas de seguridade oportunas”.

Pola súa banda, a concelleira socialista, Concepción García Lozano denuncia as “incongruencias” da concelleira de política social, Eugenia Díaz Abella, as cales causaron un “gran malestar e preocupación” na asociación PROGAPE e denuncia que a concelleira está realizando unha labor de pantalla soamente para cubrir expediente pero non hai feitos. García Lozano recorda que “os populares votaron en contra” no pasado pleno sobre buscar unha nova ubicación, mentres que “os socialistas tivemos coñecemento de que se realizaron “diferentes reunións da comisión de seguimento da canceira”, entre o goberno e os xestores, ás que “a oposición non temos acceso a dita información”. A concelleira insiste que se tivo constancia de que nas dúas últimas reunión poscovid da comisión houbo un “acordo unánime” de que se buscaría unha nova parcela no término municipal. Ademáiss de contradictorio, o grupo municipal socialista pregúntase cal é a resposta que se debe dar por válida, se cando votan en contra no pleno ao PSOE ou votan unánimente. Por qué se da luz verde nunha mocisón e stop nun pleno, require García Lozano.