Ourense Cidade

O PP de Ourense rexeita o victimismo do rexidor Ourensano

É responsabilidade do alcalde, única e exclusivamente, o feito de recuperar a confianza perdida, tamén no plano institucional, polas dúbidas que se nega sistemáticamente a clarexar.

Óscar Gómez

Ourense | 14.09.2020 09:07

Jesus Vazque, portavoz do PP na alcadía de Ourense
Jesus Vazque, portavoz do PP na alcadía de Ourense | GaliciaExpress

O Grupo Municipal do PP no Concello de Ourense rexeita categóricamente as declaracións realizadas polo alcalde de Ourense, victimizándose e atacando a oferta de diálogo e colaboración feita pola Xunta de Galicia para as grandes ciudades galegas. O que non asume o alcalde de Ourense é que as graves acusacións que penden sobre o seu proceder no exercicio do seu cargo, están a propagar de xeito supramunicipal a desconfianza que xenera o proceder e a falta de explicacións do señor Jácome.

Estamos, como é habitual no actual alcalde de Ourense, ante unha manobra de distracción para evitar falar e aclarar a situación actual na que se a topa o alcalde da cidade de Ourense e as dúbidas existentes en torno ás graves acusacións vertidas polos membros do seu partido. Aínda que é urxente e perentorio que se clarexe esta situación, o alcalde de Ourense prefiere botar bombas de palenque para desviar a atención da opinión pública.

Se hai algo que está claro desde hai 11 anos é que a Xunta e a institución máis interesada no desenvolvemento de Ourense, coa realización de importantes proxectos na cidade e na súa contorna. Entendemos que a actual situación do Goberno Municipal de Ourense fai moi complicado ese diálogo institucional no día de hoxe, pero agardamos e confiamos en que tan pronto as dúbidas se despexen, poderase retomar o diálogo coa cidade de Ourense para poñer en marcha novos proxectos e actuar conxuntamente en temas sanitarios, sociais e empresariais que favorezan o desenvolvemento da nosa cidade. É responsabilidade do alcalde, única e exclusivamente, o feito de recuperar a confianza perdida na súa persoa polas dúbidas que se nega sistemáticamente a clarexar.

A Xunta ten o máximo interese en que se aclare a situación da Alcaldía, actualmente sustentada únicamente polo alcalde e un único concelleiro. Nunca na historia da cidade, o Goberno Galego sentiu desconfianza alguna e reparos en establecer comunicación ante a persoa que ostentaba a Alcaldía de Ourense, salvo nestes intres. Proba do interese que ten a Xunta polos temas de Ourense queda de manifesto con feitos como a actual posta en marcha do vial de enlace do polígono industrial de San Cibrao das Viñas coa autovía A-52; ou a posta en marcha da segunda fase do Hospital de Ourense cunha inversión de máis de 60 millóns de euros; así como o Centro de Innovación de Galicia da FP; a Estación de Intermodal para a chegada do AVE; o parque acuático no Complexo Deportivo de Monterrei, novas instalaciones deportivas, etc..

O PP reitera a predisposición de todo o Goberno da Xunta a colaborar coa cidade de Ourense en temas sanitarios, sociais e empresariais, máxime cando conte cun interlocutor válido e confiable no Concello de Ourense. E conminamos ao actual alcalde a que asuma as responsabilidades que lle esixe a cidadanía de Ourese, clarexe a complicada situación na que se atopa e deixe de inventar polémicas coa única fin de tapar, a modo de cortina de fume, a grave situación na que a súa actitude sumiu a gobernabilidade do Concello de Ourense.