A UD Ourense presenta a súa campaña de abonados

A UD Ourense busca dragóns, leóns e dragonciños

A UD Ourense presentou na mañá deste martes a súa campaña de abonados para a nova temporada no campo de O Couto

Onda Cero Ourense

Ourense | 30.09.2020 19:11 (Publicado 29.09.2020 19:29)

Campaña de Abonados UD Ourense
Campaña de Abonados UD Ourense | UD Ourense

A tempada 2020-21 é diferente en todos os sentidos por todas as circunstancias que todos coñecemos perfectamente.

O club que preside Ramón Dacosta diseñou unha campaña de abonados na que os seareiros vermellos poderán escoller entre varias modalidades de carné a un precio moi reducido e que dará preferencia á hora de retirar entradas para os partidos de liga que xogue como local no campo do Couto. As localidades postas a disposición da afición ourensanista dependerá sempre do que marquen as autoridades sanitarias.

Tipos de abono:

Abono Dragón Sentimento (75 €): Terán un 20 % de desconto nos produtos oficiais da UD Ourense e, no caso de non ter límite de aforo, poderán acceder sin retirar entrada.

Abono Xeral León (40 €): Maiores de 25 anos (nad@s antes do 01/07/1995)

Abono Reducido León (30 €): Para xóvenes entre 16 e 25 anos (nad@s entre o 01/07/1995 e o 30/06/2005), persoas discapacitadas e persoas desempregadas.

Abono Dragonciño (5 €): Para menores de 16 anos (nad@s a partir do 01/07/2005)

#AForzaDaUnión

Será obrigatorio retirar entrada antes de cada partido. As persoas abonadas terán prioridade na venta de entradas.

O número de entradas en cada partido dependerá das restriccións sanitarias.

Prezo das entradas para abonados: Tribuna (4 €), Preferencia (2 €) e Fondo (1 €)

A campaña de abonados da UD Ourense ten dous lemas significativos ("O Ourense sodes Vós" e "A Forza da Unión") que resumen claramente os 6 anos de vida que ten o club vermello.