Ourense Cidade

As luces de Nadal non serán acendidas nos barrios da cidade ata o 23 de decembro

A concelleira popular Ana Fernández Morenza recalca que é “lamentable que o alcalde sexa incapaz de asumir a responsabilidade del mesmo e do seu equipo, culpando aos técnicos"

Óscar Plaza

Ourense | 09.12.2020 08:43

luces de navidad
luces de navidad | onda cero

As luces de Nadal máis caras da historia da cidade non estarán completamente instaladas en todos os barrios de Ourense ata o 23 de decembro, véspera de Noiteboa. Esta é a previsión que manexa o microgoberno da cidade, que só prantexa a inauguración do alumeado do centro para o día 11 deste mes.

A concelleira popular Ana Fernández Morenza recalca que é “lamentable que o alcalde sexa incapaz de asumir a responsabilidade del mesmo e do seu equipo, culpando aos técnicos das súas propias neglixencias”. De feito, a xustificación esgrimida de que valoración ten que ser arco por arco non é tal, pois sempre se fixo así e cando o PP tivo responsabilidades de Goberno, sempre se acenderon en tempo e forma: en 2015 foi o 27 de novembro; en 2016 acendéronse o 28 de novembro; en 2017 foi o 1 de decembro e en 2018, o 5 de decembro.

“Jácome prometeu dinamizar a vida comercial nos barrios e vaino facer acendéndolles as luces un día antes da Noiteboa, mais a súa rúa vai ser a primeira en contar coa iluminación axeitada”, sinala Morenza. Cabe destacar que deste xeito, supérase o lamentable récord de 2014, último ano de goberno municipal do PSOE, cando as luces tamén se acenderon ao redor desa data.

“Se o alcalde non é capaz de asumir as súas propias responsabilidades, debería irse dunha vez”, conclúe a concelleira popular.