Solgaleo a nova enerxía da UD Ourense

A imaxe da enerxética ourensá aparecerá nas equipacións

Solgaleo, empresa ourensana de enerxía renovable, convértese en nova empresa patrocinadora da UD Ourense para a tempada 2020/21

Entre outras opcións de patrocinio, Solgaleo estará presente na parte traseira das camisetas do primeiro equipo da UD Ourense.

Onda Cero Ourense

Ourense | 28.08.2020 12:06 (Publicado 28.08.2020 11:21)

Solgaleo, novo patrocinador da UD Ourense
Solgaleo, novo patrocinador da UD Ourense | Onda Cero Ourense

Solgaleo é unha empresa que traballa diariamente como empresa integral de servizos enerxéticos e de xestión de residuos para diferentes administracións, empresas e particulares.

Os profesionais do equipo de Solgaleo, en Ourense, levan máis de 15 anos traballando no sector renovable e agora, máis que nunca, son conscientes de que deben estar preparados para un cambio que xa é imparable, anticipándose ás constantes subidas do prezo da electricidade e á necesidade de implementar sistemas que garantan a sustentabilidade do planeta con solucións 100% renovables.

E todo desde Ourense.

En definitiva, Solgaleo é a enerxía de Ourense para o mundo: "a enerxía do cambio".

Germán Rodríguez Saa, presidente e CEO de Solgaleo, manifestaba: "Hace años pensaría que apoyar al deporte de Ourense de esta manera sería una utopía. Hoy, nuestro crecimiento, permite que seamos orgullosos patrocinadores de la UD Ourense."

Na tarde do xoves pechouse o acordo entre Solgaleo é a Unión Deportiva Ourense e as súas respectivas RRSS empezaron a botar fume.

Este acordo supón un paso máis no crecemento dun club, á UD Ourense, que afronta esta nova temporada como un reto tanto para o seu primeiro equipo que xogará a súa terceira temporada consecutiva en 3ª división cómo para a súa base que previsiblemente disfrutará de novas instalacións no campo de Vilar de Astrés.