Flora Moure, considera “un ataque sen precedentes” a supresión de servicios do AVANT
Ás continuas supresións e eliminacións de servizos, agora toca a supresión do Avant ás 6:45 da mañá que conectaba Ourense coas cidades de Santiago e A Coruña
Os agravios do Goberno de España en materia ferroviaria continúan imparables coa cidade de Ourense, nun ataque continuo destinado a aillar á Galicia interior, coa cidade das Burgas como máximo exponente. A voceira do Grupo Municipal do PP na cidade, Flora Moure, considera esta decisión “un ataque sen precedentes” contra Ourense. “E o alcalde, en vez de preocuparse e loitar polos intereses xerais da cidade, prefire estar agochado no despacho mentras centros de traballadores e estudantes quedan sen un servizo esencial para eles”.
Ás continuas supresións e eliminacións de servizos, agora toca a supresión do Avant ás 6:45 da mañá que ata o de agora conectaba Ourense coas cidades de Santiago e A Coruña. Un servizo que era empregado por traballadores, principalmente funcionarios, e estudantes. A supresión deste servizo ameaza claramente a aqueles traballadores, funcionarios e estudantes que máis o precisan, o que resulta extremadamente grave para a cidade de Ourense e vai en contra da cohesión territorial da Galicia interior, obrigando a ourensáns a ter que vivir fóra da súa cidade, do mesmo xeito que os estudantes, o que pode implicar nalgúns casos a renuncia dos estudos por problemas económicos.
Por este motivo, os senadores e deputados populares ourensáns nas Cortes Xerais xa están a reclamar, tanto no Congreso como no Senado, información urxente ante a nova supresión de servizos, como é o caso do Avant das 6:45h que conectada Ourense con A Coruña e Santiago, unha liña moi utilizada a diario por traballadores, funcionarios e estudantes. Consideran que é necesario que o Goberno de Pedro Sánchez xustifique os motivos polos que leva a cabo tal ataque aos servizos ferroviarios, promovendo unha nova supresión de servizos; se existen alternativas para prestar outros servizos que compensen aos usuarios do mesmo. De feito, os populares recalcan que con estas decisións, estase a aillar a Ourense eliminando servizos que teñen contribuido á cohesión territorial da Galicia interior.