Declarada a Situación 2, como medida preventiva, no lume declarado no municipio ourensán de Rairiz de Veiga, parroquia de Sabariz, por proximidade ao núcleo de Guillamil e pedida tamén a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias.
Decretada, así mesmo, esta mesma Situación 2 no incendio rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes, neste caso por proximidade ao núcleo de Carzoá e solicitada tamén a intervención da UME. En total, permanecen activos 9 lumes en diferentes concellos da provincia de Ourense que superan as 20 hectáreas de afectación. As últimas estimacións de superficie afectada son as seguintes: Rairiz de Veiga-Sabariz (60 ha), Cualedro-Montes (250 ha), Vilariño de Conso-Sabuguido (500 ha), Laza-Camba (50 ha), A Gudiña-Pentes (150 ha), Vilar de Barrio-Rebordechau (450 ha), Lobios-Río Caldo (500 ha dentro do Parque Natural do Xurés), Chandrexa de Queixa-Queixa (120 ha) e Maceda (100 ha entre os dous rexistrados na parroquia de Castro de Escuadro).
Controlado o lume rexistrado no concello pontevedrés de Cuntis, parroquia de Cequeril, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 25 hectáreas, segue tamén controlado o incendio no municipio lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, que segundo as últimas medicións afecta 53,09 hectáreas.