Ourense Cidade

O Concello reformará a canceira municipal de xeito integral

As obras, adxudicadas, permitirá a construción de novos módulos para animais e un quirófano.

Óscar Gómez

Ourense |

O Concello reformará a canceira municipal de xeito integral | onda cero

O Concello executará as obras de reforma e adaptación da canceira municipal. En xunta de goberno local desta mañá adxudicouse a contratación destas obras que, cun custe de de 179.500 euros -IVE incluído- e un prazo de execución de cinco meses, servirán para realizar unha reforma integral das instalacións, que crecerán no seu lado sur, e adaptalas á normativa vixente. Entre as novidades máis salientables, a creación de novos módulos e dun quirófano.

Os patios interiores que albergan cans destinaranse ao aloxamento ocasional e nocturno, e o seu destino fundamental será aloxar razas potencialmente perigosas, cans con enfermidades infecciosas ou de idades avanzadas. A instalación dos gatos será cuberta, en parte, para proporcionarlles aos animais unha zona de esparexemento protexida da choiva, ao tempo que xerará sombras fronte ao sol. Neste espazo colocaranse depósitos que permitan o aproveitamento da auga da choiva.

Nesta reforma desmontarase a incineradora, sen uso ao empregar un servizo externo, e construirase un quirófano.

canceira de ourense | onda cero