Ourense Cidade

O Concello licita 2,2 millóns en obras de mellora de rúas en barrios da cidade e no perímetro rural

O alcalde pon en valor a aposta do goberno municipal polos barrios e no perímetro rural: “pasamos aos feitos”, asegura

Óscar Gómez

Ourense |

O Concello licita 2,2 millóns en obras de mellora de rúas en barrios da cidade e no perímetro rural | La Voz de Galicia

As 6 obras contrataranse por procedemento aberto simplificado. Son, concretamente, as de rehabilitación do firme da rúa Leiras Pulpeiro, en Mariñamansa, por importe de 161.586,24 euros, o acondicionamento do campo do Outeiro e a rúa Outeiro, en Velle (426.341,53€), así como a rúa Miradoiro, preto do Ceboliño (555.044,02), a reparación de pavimentos e acabados na rúa Remedios, no Couto (92.392,73€), e o acondicionamento da Rúa Salto do Can e na Rúa Carballo (920.333,89) e, por último, a adecuación das rúas Enxido e Ousende, en Cabeza de Vaca (123.333,45 euros).

Mellora da seguridade viaria en Seixalbo, na contorna do Tanatorio de Ourense | Ourense Dixital

Estas obras, xunto coas aprobadas na sesión ordinaria da xunta de goberno local da semana pasada, supoñen un investimento de máis de 3,8 millóns de euros para reformar rúas nos barrios e no perímetro rural de Ourense. Naquela sesión, aprobáranse obras por 1.591.533,33 euros, con intervencións en Covadinga, O Pino, Ribeira de Canedo, Seixalbo e paseo fluvial de Oira.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, manifestou que “a cidade é un todo” e amosou a súa preocupación “polos barrios”. “Non só utilizamos os barrios para facer campaña. Pasamos aos feitos e estamos licitando obras”, asegurou. “Facía anos que non había tantas obras nas rúas Ourense”, di o alcalde, “algo que os cidadáns botaban en falta”, engade.