OURENSE CAPITAL

O Concello implantará un carril bici que percorrerá a cidade de Norte a Sur

O Concello encarga un estudio que desenvolva o proxecto e xestionará as autorizacións precisas doutras administracións

Adriana Ochoa Arévalo

Ourense | 13.08.2020 09:19

Las obras el carril bici de Elche comenzarán este lunes en la avenida Alcalde Ramón Pastor
Las obras el carril bici de Elche comenzarán este lunes en la avenida Alcalde Ramón Pastor | Ayuntamiento de Elche

Concello de Ourense creará un carril bici que percorrerá a cidade de Norte a Sur, desde a estación de ferrocarril da Ponte até Mariñamansa. O alcalde Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou esta mañá a medida que o Concello prevé implementar en breve co obxectivo de mellorar a mobilidade na cidade e favorecer a utilización deste medio de transporte sustentable e non contaminante como medio de desprazamento na cidade. Con esta finalidade, o Concello encargará “de forma inminente” a realización dun estudo que concretará todas as claves da intervención, ao tempo que xestionará as autorizacións oportunas por parte doutras administracións para levalo a cabo.

“Tiñamos un compromiso, e de feito figuraba no noso programa electoral, unha das nosas promesas que será un pracer levar a cabo”, asegura o alcalde de Ourense, quen explica que tras estudar diferentes posibilidades, o goberno municipal aposta por un trazado de carril bici “que pode vertebrar perfectamente o sur e norte da cidade, enlazar desde Mariñamansa até a estación de tren do barrio da Ponte, atravesando as rúas do Progreso, Xoán XXIII, Curros Enríquez e a Ponte Nova”, até chegar a estación ferroviaria

O carril bici -subliña- será o primeiro na historia da cidade e “vaise implantar para quedarse”, poñendo de manifesto que con este percorrido urbano “sería unha auténtica arteria, a arteria principal de Ourense, entre outras ramificacións que podería haber”.

Para desenvolver este proxecto, explica, “vamos encargar de forma inminente” un estudio que plasmará en todos os seus detalles co obxectivo de que o carril de bicicletas “se poda implantar a finais deste ano na cidade”

Neste senso, avanza o alcalde que “Ourense vai dar un cambio absoluto na mobilidade”, xa que ademais deste carril bici, o Concello segue a traballar en diferentes proxectos estratéxicos como a instalación de ramplas e escaleiras mecánicas para favorecer a mobilidade vertical naquelas zonas que polas súas características físicas o precisan, e o desenvolvemento de novas zonas peonís, entre outros".