Ourense Cidade

O Concello abrirá os cemiterios en horario de 9.00 a 18.30 horas, e reduce o seu aforo

O tempo de permanencia estará limitado a 30 minutos, e non haberá servizos litúrxicos no interior

Óscar Gómez

Ourense |

O Concello abrirá os cemiterios en horario de 9.00 a 18.30 horas, e reduce o seu aforo | onda cero

O Concello de Ourense, na actual situación de crise sanitaria, limitará o acceso aos cemiterios para a festividade de defuntos para minorar o risco de transmisión da COVID19. O horario de apertura dos cemiterios municipais desde o sábado día 24 de outubro ata o día 2 de novembro será de 9.00 ata as 18.30 ininterrompidamente, pero haberá limitacións no referente á capacidade e tempo de permanencia.

A entrada aos cemiterios realizarase exclusivamente polo acceso principal, e sempre a través das vías sinaladas. Non se permitirá o acceso en coche agás ás persoas de mobilidade reducida acreditada. Ademais, só se permitirán dúas persoas por unidade de enterramento, e a permanencia máxima permitida no recinto será de 30 minutos. Este ano, eliminaranse todos os actos litúrxicos.

O aforo está limitado a:

  • 75 persoas no cemiterio municipal de Santa Mariña.

  • 50 persoas no cemiterio municipal de San Francisco.

  • 25 persoas no cemiterio municipal de As Caldas

Autobuses

Desde o día 28 de outubro até o 2 de novembro reforzaranse os servizos de autobuses aos cemiterios municipais con dúas liñas, unha con saída da Estación de Autobuses, e outra do Vinteún

Medidas elementais

. A Concellería de Sanidade informa, en todo caso, da necesidade de respectar as medidas preventivas establecidas polas autoridades sanitarias: uso de máscaras de protección, distancia de seguridade, uso de xeles hidroalcohólicos, etc.