Infraestructuras

Aberto oa tráfico o ramal de incorporación cara a Benavente

A actuación permite seguir avanzando na execución desta infraestrutura, que esta previsto finalizar no verán

Óscar Gómez

Ourense | 28.05.2020 09:34 (Publicado 28.05.2020 09:33)

Ramal de San Cibrao das Viñas
Ramal de San Cibrao das Viñas | xunta de galicia

- Esta tarde quedou aberto ao tráfico o ramal de incorporación cara a Benavente, enlace 217 da autovía das Rías Baixas, tras rematar nese treito os traballos para a nova conexión da A-52 co polígono de San Cibrao das Viñas que se estaban a executar.

Para avanzar na nova conexión co polígono de San Cibrao das Viñas foi preciso actuar na totalidade deste ramal e pechalo durante uns días ao tráfico. As obras comezaron a pasado 11 de maio e foi preciso prolongalas ata o día de hoxe, a pesar de que se estivo traballando no ramal nas fins de semana do 16 e 17 e do 23 e 24 de maio.

Esta actuación permite seguir avanzando na nova conexión da A-52 co polígono de San Cibrao das Viñas, que está previsto finalizar no verán. Cando estea rematada, a nova infraestrutura reducirá en máis do 60% o percorrido actual entre o polígono e a autovía que vai a Madrid. A nova conexión tamén contribuirá ao reforzo da seguridade viaria, á mellora da conectividade coa autovía de Celanova e á competitividade de toda esa zona.

Ramal de San Cibrao das Viñas
Ramal de San Cibrao das Viñas | Xunta de Galicia